Espazo de autoría

Como xa vimos anteriormente, o espazo de autoría consta de dúas áreas:

  • A barra lateral esquerda, que conta asemade con dous espazos:Barra lateral esquerda

 

  • A árbore de contidos: Define os elementos de contido da nosa unidade organizándoos como unha árbore de contidos, establecendo a xerarquía do sitio (menú de navegación).
  • A área de Ferramentas de Edición (Idevices): contén as ferramentas coas que crearemos os nosos contidos.
  • A área de traballo do editor: Nesta área editaremos as ferramentas ou iDevices seleccionados, creando así os contidos. Presenta dúas pestanas:
  • A área de autor, ou espazo de creación de contidos propiamente dito.
  • A pestana de propiedades, que contén os metadatos do noso traballo.