Barra lateral esquerda

A barra lateral esquerda abrangue as ferramentas necesarias para crear os contidos. Divídese en dúas seccións:

  • A sección superior (ver imaxe á dereita), coñecida como árbore de contidos, permítenos estructurar en apartados os contidos da nosa Unidade.

A cada un dos apartados cos que estructuramos a nosa Unidade, eXe denomínao NODO.

Na proposta do gráfico da dereita temos o nodo principal, "CURSO DE EXELEARNING". Este nodo subdivídese en subapartados ("nodos fillo"), que constituirían os elementos estructurais da nosa Unidade.
Dentro de cada apartado podemos crear os subapartados que queiramos, ata o nivel que se precise.
iDevices

 

  • A sección inferior da barra lateral (ver dereita) engloba a área reservada para a xestión dos iDevices. Os iDevices son os recursos ou ferramentas cos cales elaboraremos a nosa Unidade Didáctica.

Nesta versión do programa contamos con 18 recursos diferentes, que veremos máis adiante.