Barra de ferramentas

Ao abrir o programa, eXe presenta a seguinte barra de menús:

Barra de ferramentas

 

A barra de menús danos acceso a catro elementos de menú, que nos proporcionan cadanseu conxunto de opcións:

  • Menú Ficheiro: permítenos crear , abrir, gardar, pechar, modificar, imprimir, exportar ou importar paquetes ou saír do programa. É importante esta última opción, xa que non podemos saír do programa facendo click sobre a cruz da barra de título.
  • Menú Ferramentas: Danos acceso ao editor de iDevices, á elección de idioma ou á actualización da vista do que esteamos a traballar.
  • Menú Estilos: permite escoller entre varias posibilidades a aparencia para toda a nosa Unidade.
  • Menú Axuda: danos a elixir distintas modalidades de axuda.
Debaixo da barra de menús, temos a área de creación de contidos ou autoría, que ten dúas áreas diferentes:

 

  • A barra lateral esquerda, que abrangue as ferramentas necesarias para crear os contidos. Divídese en dúas seccións:
  • A sección superior (ver imaxe á dereita), coñecida como árbore de contidos, permítenos estructurar en apartados os contidos da nosa Unidade.

A cada un dos apartados cos que estructuramos a nosa Unidade, eXe denomínao NODO.

Na proposta do gráfico da dereita temos o nodo principal, "CURSO DE EXELEARNING". Este nodo subdivídese en subapartados ("nodos fillo"), que constituirían os elementos estructurais da nosa Unidade.
Dentro de cada apartado podemos crear os subapartados que queiramos, ata o nivel que se precise.


 

 

  • A sección inferior da barra lateral (ver esquerda) engloba a área reservada para a xestión dos iDevices.
Os iDevices son os recursos ou ferramentas cos cales elaboraremos a nosa Unidade Didáctica.

 

Nesta versión do programa contamos con 18 recursos diferentes, que veremos máis adiante.



O espazo de creación de contidos ou autoría consta de dúas pestanas:

 

  • Autor, que é un editor de texto simple pero potente, no que crearemos, veremos e editaremos os contidos.



  • Propiedades, na que poderemos definir os metadatos básicos e a taxonomía do proxecto así como engadir encabezamentos, gráficos e títulos.