Que actividades se poden crear?
Vantaxes de eXelearning
- Con eXe, o profesorado pode desenvolver unha configuración de creación de contidos educativos personalizada e adaptada ás súas necesidades e intereses, creando recursos doados de manter e poñer ao día.
- A sección "Contorno" da páxina de propiedades permítelle aos usuarios deseñar un contorno que exprese a súa propia estrutura e taxonomía preferida. Por exemplo, indo en orde de profundidade, poden poñer Tópico-Sección-Unidade ou Libro-Capítulo-Verso, etc. Isto pode establecerse antes de comezar o proxecto ou mentres o recurso está a construírse.
- Ademáis, a ampla variedade de exportacion en eXe permite empaquetar o contido de diversas formas, segundo sexa o seu destino. Os recursos poden empaquetarse como un web site, listo para publicar, como unha soa páxina web grande, un arquivo de SCORM ou un arquivo de IMS que permite o recurso ser importado nos LMSs, como é o caso de Moodle.
- Permite engadir elementos multimedia ás nosas páxinas (imaxes, vídeo, audio, animacións, expresións matemáticas...) grazas ao catálogo de ferramentas de eXe Learning.
- Conta con cinco follas de estilo.
- Permite gardar ou exportar o proxecto como sitio web, de xeito que poderemos usalo fóra de liña ou, se queremos, en liña e en paquetes estándar SCORM, IMS CP (que nos permiten usalo en Moodle ou noutras plataformas educativas).
- Permite estruturar e secuenciar os contidos, así como engadir tarefas e actividades de forma que posibilita a creación de cursos virtuais.
- Permite a o traballo coloborativo para a creación de materiais en equipo e a reutilización dos materiais xa elaborados.
- Exelearning é multiplataforma. Grazas á linguaxe de programación no que se desenvolveu é unha aplicación que pode empregarse en sistemas con software propietario (Windows) ou sistemas de software libre (Linux).
- Posúe múltiples Ferramentas de contidos (IDevices) que como máis adiante se verá, son pequenos módulos pedagóxicos que nos axudarán a desenvolver a estrutura e deseño dunha unidade didáctica, dun curso ou dun simple recurso puntual para traballar calquera aspecto dun área ou materia concreta.