1. Fundamentos de eXelearning. Que actividades se poden crear?
¿Que é eXelearning?
eXeLearning é un programa de autor para o desenvolvemento de contidos.
Foi creado pola Auckland University of Technology e a Tairawhiti Polytechnic e financiado polo Tertiary Education Commission de Nova Zelanda
Trátase dunha ferramenta indicada especialmente para os docentes, coa finalidade de desenvolver e publicar materiais de ensino-aprendizaxe a través da web.
Esta aplicación permite aos usuarios crear os seus propios proxectos multimedia sen saber nada de programación, co que o profesorado pode
desenvolver e publicar contidos ou materiais de aprendizaxe sen a necesidade de coñecer en profundidade o HTML, o XML, ou aplicacións
complicadas para publicar en Internet
Isto convírteo nunha ferramenta de grande importancia a nivel didáctico, porque permite a creación de obxectos dixitais interactivos moi diversos.
Aínda que a realidade da web 2.0, con todas as súas inmensas posibilidades educativas, está aí, o seu aproveitamento vese diminuído porque unha boa parte do profesorado carece dos coñecementos técnicos e destrezas precisas para acceder ou -moito mellor- crear os seus propios contidos e/ou actividades no contorno web.
O programa eXelearning permite superar os seguintes impedimentos:
-
De sempre, o software de elaboración de contidos para a Web
requeriu un alto grao de coñecementos técnicos, o que consome moito tempo e moito esforzo... e moitas ganas.
- Ademais, o papel do profesorado debe ser fundamentalmente educativo e non dispersar os seus esforzos en cuestións técnicas complexas que o distraian da súa función: a de elaborar uns bos contidos, antes que perderse en labirintos que atinxen mais á forma de presentalos ao alumnado.
- A multiplicación dos chamados LMS (Learning Management System, ou sistemas de xestión da aprendizaxe), que permiten publicar contidos en liña en diversas plataformas (Moodle, Dokeos, Chamillo,Helvia, etc.). Con todo, estes LMS non ofrecen ferramentas sofisticadas para crear contido Web, aínda que si poden incorporar o material elaborado con eXe. É máis: a portabilidade chega ao extremo de non ser necesaria a instalación, xa que pode levarse unha versión portátil do software nun medio de almacenamento tal como unha memoria USB.
- A maior parte dos LMS precisan estar en liña para elaborar contidos, o que limita o traballo de autores que teñen baixa ou nula conectividade. eXelearning está concebido como un ferramenta "fóra de liña" para que se poida producir contidos sen necesidade de conexión.