Cuestións previas
Antes de explicar cales van a ser os principais puntos que van a permitir a superación pola súa parte deste curso, é convinte que teña en conta o seguinte: |
|||||
1.- Non se busca únicamente o dominio dunha ferramenta informática, se busca tamén, como punto máis importante, a adecuación do emprego que de esta ferramenta faga para a súa aula. Evidentemente ningún dos titores deste curso somos quen para indicarlle ou avaliar cales son os contidos, niveis de profundización ou aspectos relevantes a ter en conta dentro do seu ámbito de traballo (área, nivel...) pero sí vamos a pedirlle que o material elaborado teña unha "coherencia didáctica" (fundamentalmente no último módulo). 2.- Creemos que sería de gran axuda para vostede que, dende o inicio do curso, se plantexe unha situación didáctica (tema, área/áreas, niveis..) sobre a que desenvolver contidos para a súa aula según avanza o curso. Se busca que, unha vez finalizado o curso, os desenvolvementos que vostede faga teñan unha incidencia directa na súa aula. Como verá, nas cinco primeiras avaliacións (propostas de traballo) únicamente se lle pedirá que cree un número determinado de actividades de distinto tipo, estas mesmas actividades, si o estima oportuno, poderán ser empregadas na proposta final de traballo (avaliación final). 3.- As propostas de traballo plantexan uns requisitos mínimos para a súa superación, vostede é moi libre de ir máis alá do proposto, si xa coñece, por exemplo, como crear paquetes de actividades Ardora, en vez de crear as actividades ailladas como se lle pide, pode "entregar" un paquete deste tipo (ou actividades compatibles con SCORM si o seu traballo final vai a "funcionar" sobre Moodle, ou "embebidas" dentro de webs máis amplas si aproveita este curso para ir creando material para a súa aula ...). 4.- O mecanismo principal de comunicación serán os foros, faga uso deles para prantexar as súas dúbidas, suxerir novas funcionalidades, actividades, etc para o propio programa ou todo aquelo que referido con Ardora e este curso queira comentar. O único que se lle pide, polo ben de todos os docentes que intervimos neste curso, é que faga as súas aportacións no apartado máis axeitado. |
|||||