Saltar la navegación

2.9 - Publica un paquete como web incrustada

Os paquetes de contidos creados con eXeLearning publicaranse como sitios web incrustados no curso virtual. Os paquetes de contidos NUNCA se publicarán como Paquetes IMS debido a que cando se accede ao curso desde unha tableta dixital a xanela non amosa ---a diferenza do que sucede nun ordenador--- a barra de scroll o que impide desprazarse arriba e abaixo polo paquete, co cal non se poden ver os contidos e anula o paquete.

1. En eXeLearning, exportar o paquete de contidos: Ficheiro > Exportar > Sitio web > Ficheiro ZIP

2. No curso virtual, Engadir un recurso... > Ficheiro.....

Exemplo

 Lembra que en "Aparencia" > Presentar, podes configurar o modo como se amosará o paquete: en xanela emerxente ou incrustada no curso. As veces é preferible en ventana emerxente para, por exemplo, facilitar ter o paquete aberto nunha xanela e a tarefa noutra podendo consultar ambas á vez. Pódese cambiar esta configuración en calquera momento.

3. Descomprimir o ficheiro zip do paquete de contidos

Como descomprimir

4. Eliminar o ficheiro zip, para non incrementar o peso do curso virtual.

Como eliminar o ficheiro ZIP

5. Seleccionar o ficheiro Index.html como ficheiro principal

Como seleccionar un ficheiro principal



Departamento de Educacion dixital do CAFI
Obra derivada de Crear secuencias didácticas con Moodle, de A. Carracedo, Y. G. Ulla e P. Camarero
 
Vostede é libre de:
  • Compartir — copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato
  • Adaptar — remesturar, transformar, recrear e crear obras derivadas sobre o material

...mesmo con finalidade comercial, baixo as condicións seguintes:

  • AtribuciónDebe dar o recoñecemento apropiado, fornecer un vínculo á licenza e indicar se se fixeron cambios. Pode facelo de calquera maneira razoábel pero non de maneira que poida suxerir que o licenciante o apoia a vostede ou o seu uso.
  • Non comercial — Non pode utilizar este material para propósitos comerciais.
  • Compartir Igual — Se vostede remestura, transforma ou recrea sobre o material, debe distribuír as súas colaboracións coa mesma licenza cá orixinal.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)