Saltar navegación

Tipos e Funcións

Linguaxe Verbal

FUNCIÓNS:

  • Expresiva: é o que di ou conta o emisor; indica a nosa actitude ante o que dicimos. En radio son típicos os programas nos que damos a nosa opinión, tertulias, entrevistas...

  • Informativa: refírese propiamente á mensaxe. Infórmanos ou enuncia algo. O máis característico son os programas informativos.

  • Apelativa: diríxese ó receptor; tenta provocar unha resposta ou reacción deste. Programas que incitan á participación directa ou indirecta dos oíntes.

Linguaxe Musical

A música na radio pode ser:

  • Obxectiva: ten sentido propio por sí mesma, independentemente de sentimentos ou ideas. Expón un feito concreto cunha soa interpretación posible.
  • Subxectiva: expresa e apoia estados de ánimo, crea ambientes emocionais.

FUNCIÓNS:

  • Expresiva: crea o clima ou ambiente sonoro en torno á mensaxe.

  • Gramatical: a música substitúe ós signos de puntuación na mensaxe oral e sonora. O exemplo máis característico é a ráfaga musical e a cortinilla.

  • Descritiva: a música substitúe totalmente á palabra. Crea por sí soa o que queremos transmitir. Sitúanos nun espacio ou ambiente concreto (época, lugar, natureza, interior, exterior...)

  • Ambiental: forma parte da mensaxe, do ambiente; con ela acadamos maior realismo.

  • Reflexiva: momentos para que o oínte reflexione sobre a mensaxe oída.

Efectos sonoros

FUNCIÓNS:

  • Narrativa: posúe as virtudes da función gramatical. Son efectos que se empregan para indicar cambios de escena, de tempo e de espacio.

  • Expresiva: crea por sí soa ambientes; posúe un valor comunicativo propio (por exemplo, un disparo).

  • Descritiva: describe ambientes, transmite mensaxes (aplausos, erros...)

Silencio

O silencio soe empregarse cunha intención psicolóxica e dramática.

Pode ser:

  • Obxectivo: ausencia de música e ruído. Non ten máis connotacións.
  • Subxectivo: emprégase cunha intencionalidade ambiental ou dramática.

FUNCIÓNS:

  • Narrativa: conta accións que transcorren no tempo.
  • Descritiva: ensina o aspecto de seres e cousas, pode expresar sentimentos.
  • Rítmica: apoia o ritmo da acción.
  • Expresiva: pode aportar ambigüidade, dramatismo...
  • Pausa.
  • Erro.
  • Reflexiva: axuda a valorar a mensaxe.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0