Precursor
Non hai moitos programas que nos permitan editar as nosas preguntas para presentalas en forma de xogo aos nosos alumnos e alumnas. Un exemplo de software que sí o permitía de xeito gratuito e en galego era o Fórmula 20.
Fórmula 20
Dous xogadores/pilotos compiten para ver quen remata antes un circuito de fórmula 1 respostando axeitadamente 20 preguntas sobre un tema dado. Mentras se acertan as preguntas se mantén o turno de xogo. O editor do programa permitía engadir novos temas e preguntas, configurar se queremos que as preguntas aparecesen nunha orde determinada ou ao azar, se se amosa a resposta correcta cando erramos ou non, ou o número de de alternativas de resposta a cada pregunta (ata un máximo de 4). A pesares das moitas ventaxas deste programa, tiña tamén algún pequeño inconveniente:
- A imposibilidade de cambiar a estética do xogo.
- Só podíamos editar o texto das preguntas pero non engadir unha imaxe, son, un video, unha animación ou unha ligazón a unha páxina web.
- O xogo estaba pensado para dous xogadores e non admitía a posibilidade dun só xogador.
- O feito de manter o turno mentras se estivese acertando podía ocasionar unha desvirtuación do xogo cando se tratase dun tema moi dominado por algún dos xogadores.
Algúns exemplos de actividades feitos con este editor:
- Letras Galegas 2007 (Maria Mariño e Letras Galegas): http://www.edugaliza.org/dsc/letras2007/index.html
- A táboa de multiplicar (presenta 3 niveis: táboas ata o 5, do 5 ao 9 e todas as táboas): http://centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/recursos/taboa/taboa.html
- Cálculo mental: http://www.edugaliza.org/inicio/calculo
O editor f20 e os exemplos podían descargarse dende aquí: http://educalim.org/f20/f20.html