Pautas para docentes e pais para que os rapaces teñan unha "Internet segura"
Os docentes podemos...
- Dialogar cos nenos, nenas e adolescentes sobre como usan Internet, que lles interesa, as súas experiencias, darlles os nosos puntos de vista, debatelos con eles.
- Utilizar os sistemas de protección dispoñibles para evitar o acceso a sitios non aprobados a menores de idade.
- Familiarizarse coas novas tecnoloxías e os programas de comunicación que os mozos utilizan.
- Previr aos menores de idade acerca da veracidade dos contidos de Internet.
- Alertar aos nenos, nenas e adolescentes que as persoas poden cambiar a súa identidade cando se comunican a través da rede.
- Ensinar ao menor de idade a que non revele ningunha información persoal a través do ?usuario? que utiliza para comunicarse.
- Concientizar aos nenos, nenas e adolescentes que cando ?chatean? con persoas que non coñecen (aínda que sexan supostos ?amigos dos seus amigos?) non deben dar, nin pedir, datos persoais (dirección, teléfono, apelido, nome da súa escola, horarios) ou calquera información que poidan identificalos.
- Informar sobre os riscos que poden derivarse de chatear con descoñecidos e de facer citas reais con estraños.
- Alertar aos alumnos sobre os riscos de enviar fotografías espidos ou con pouca roupa, pois se pode facer un uso indeseado da imaxe dos nenos/nenas e adolescentes.
- Situar a computadora nun ambiente compartido pola familia.
- Evitar que os mozos/as estean en Internet (particularmente no chat) durante a noite.
- Navegar e chatear algunhas veces cos seus fillos
- Coñecer se os Ciber Cafés frecuentados polos nenos teñen algún tipo de sistema de protección fronte a contidos non aptos para menores. En caso contrario, buscar un establecemento que cumpra con esta medida.
- Construír xunto ao menor "regras consensuadas" para navegar en Internet, sen imporllas.
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM