Que é un Blog? Consellos
Un blog, en español tamén bitácora, é un sitio web periodicamente actualizado que recopila cronoloxicamente textos ou artigos dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, e onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente.
É moi frecuente que os blogs dispoñan dunha lista de enlaces a outros blogs, a páxinas para ampliar información, etc. e tamén adoitan dispor dun sistema de comentarios que permiten aos lectores establecer unha conversación co autor e entre eles acerca do publicado.
O Blog debe xirar en torno a unha temática, que pode ser profesional ou relacionado con algunha afección ou inquietude. Se a temática é ampla, por exemplo "Literatura", probablemente se che ocurran moitos mais artigos que publicar, pero ás veces un blog en torno a un tema mais específico, por exemplo "Literatura Galega Contemporánea" pode ter máis éxito se non hai moita competencia na blogosfera (nome que se lle da ao conxunto universal de blogs)
Consellos sobre o blog
- É básico escribir cunha linguaxe correcta e sen faltas de ortografía. Hai que dar boa imaxe.
- Se podes (se non, non pasa nada) mantén certa periodicidade: un artigo á semana, ao mes, cada tres meses, etc.
- Os artigos deben citar fontes se fan referencia á actualidade, ou facer notar que se continúa cun tema que empezou outro blog. As referencias a outros blogs e a entradas anteriores nosas é tamén importante.
- O título do artigo é moi importante. Emprega títulos suxerentes, provocativos, en plan pregunta, ou con certo inxenio.
- Decide un conxunto de categorías ou etiquetas nas que vas a clasificar os artigos de blog e vai asignándollas aos artigos para facilitar as búsquedas. A lista de categorías podes ir ampliándoa.
- Evita os artigos excesivamente longos. Recorda que "o bon, se breve, é dúas veces bon". A audiencia sentirase mais atraída a ler un artigo se percibe que lle vai levar pouco tempo. Ese é, en parte, o éxito de Twitter.
- A apariencia do artigo é fundamental. Debemos engadir imaxes relacionadas co artigo e incrustar, se procede, algún vídeo ou presentación que veña a conto. Tamén queda ben resaltar e ordenar conceptos, facendo uso (sen abusar, coma todo) de negritas, itálicas, subraiado, listas, etc.
- Se recibes algún comentario, é moi importante que contestes.
- Relaciónate con blogs e autores de temáticas iguais ou similares
- Asegúrate que é bastante visible a subscrición RSS ao teu Blog
Se queres un poco máis de información, este pequeno libro gratuito é bastante recomendable Secretos de Un Blog Exitoso
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM