Na procura dunha solución

O centro ten un protocolo para a resolución de incidencias deste tipo:
  1. Contactar coa UAC para a súa resolución
  2. Empregar a empresa que realiza o mantemento dos recursos informáticos a nivel interno.
De tódolos xeitos Brais quere investigar o porqué de que os ordenadores co tempo diminúen o seu rendemento. A primeira cuestión será determinar a causa de este "deterioro". Para iso temos que entender un pouco como funcionan:

O sistema operativo, é dicir, o programa que aparece cando iniciamos o ordenador, (Windows, Linux) é multitarefa, isto quere dicir que é capaz de executar varios programas á vez, para comprobalo non tes máis que executar o navegador de Internet, un programa para reproducir música e un editor de textos.
Os programas para executarse necesitan dous recursos: tempo de procesador e espazo en memoria RAM.
  • Tempo de procesador: O procesador é como o motor do ordenador, os programas cando se están executando están consumindo tempo do procesador, pero habitualmente temos máis programas executándose que procesadores. Como é isto posible? Porque os Sistemas Operativos fan multitarefa aparente, é dicir, se ten que executar tres programas simultaneamente cun só procesador, como os procesadores son tan rápidos, nun segundo son capaces de executar porcións dos tres programas de xeito que a nós parécenos que se executan simultaneamente, porén nun instante dado no procesador só se está executando un proceso.
  • Espazo en Memoria RAM: Un ordenador ten principalmente dous tipos de memoria: a RAM ou principal e o disco duro. A RAM é moitísimo máis rápida que o disco duro. Os programas cando se están executando teñen que estar en memoria RAM. O problema está en que a memoria RAM é limitada (2 GB, 4 GB), se temos moitos programas executándose non caben todos na RAM, entonces móvense entre o disco duro e a RAM os que non se están empregando nese instante para que se poidan executar todos. Este trasvase entre a RAM e o disco duro fai que o ordenador se volva moi lento, porque perde moito tempo nesta tarefa.
Conclusión 1: A velocidade coa que se executen os programas depende da capacidade do procesador (canto máis rápido sexa máis operacións poderá executar por segundo), da cantidade de memoria (canto maior sexa máis programas caberán nela sen recorrer o disco duro) e do número de programas que executamos simultaneamente.

Comentario: "Pero a veces o ordenador tarda moito en arrancar o Sistema Operativo, teño que esperar moito tempo a que termine e non me deixa facer nada. Non executei ningún programa adicional así que non debería estar saturado. Por qué tarda tanto en arrancar se fai uns anos tardaba moi pouco e enseguida podía traballar?"

Isto prodúcese porque durante este tempo instalamos programas no equipo e algúns deles durante a instalación fan que se executen automaticamente durante o arranque do equipo para que estean sempre activos e nos sexa máis cómodo empregalos, o problema de este enfoque é que a maioría destes programas non son imprescindibles, non os necesitamos e fan o arranque do equipo moitísimo máis lento e que se temos pouca RAM xa a teremos saturada nada máis arrancar o equipo.

Conclusión 2: Temos que minimizar o número de programas que arrancan automaticamente o iniciar o equipo para acelerar o arranque, liberar recursos e aumentar o rendemento.



Opción final escollida

Agora que coñecemos que factores afectan o rendemento do equipo e o seu tempo de arranque, temos que adoptar medidas en canto aumentar a potencia do procesador, aumentar a cantidade de memoria RAM e reducir o número de programas que arrancan automaticamente co sistema operativo.


Modifié le: lundi 21 décembre 2015, 20:55