Propostas de Solucións
Na procura dunha solución
O centro ten un protocolo para a resolución de incidencias deste tipo:
O sistema operativo, é dicir, o programa que aparece cando iniciamos o ordenador, (Windows, Linux) é multitarefa, isto quere dicir que é capaz de executar varios programas á vez, para comprobalo non tes máis que executar o navegador de Internet, un programa para reproducir música e un editor de textos.
Os programas para executarse necesitan dous recursos: tempo de procesador e espazo en memoria RAM.
Comentario: "Pero a veces o ordenador tarda moito en arrancar o Sistema Operativo, teño que esperar moito tempo a que termine e non me deixa facer nada. Non executei ningún programa adicional así que non debería estar saturado. Por qué tarda tanto en arrancar se fai uns anos tardaba moi pouco e enseguida podía traballar?"
Isto prodúcese porque durante este tempo instalamos programas no equipo e algúns deles durante a instalación fan que se executen automaticamente durante o arranque do equipo para que estean sempre activos e nos sexa máis cómodo empregalos, o problema de este enfoque é que a maioría destes programas non son imprescindibles, non os necesitamos e fan o arranque do equipo moitísimo máis lento e que se temos pouca RAM xa a teremos saturada nada máis arrancar o equipo.
Conclusión 2: Temos que minimizar o número de programas que arrancan automaticamente o iniciar o equipo para acelerar o arranque, liberar recursos e aumentar o rendemento.
Opción final escollida
Agora que coñecemos que factores afectan o rendemento do equipo e o seu tempo de arranque, temos que adoptar medidas en canto aumentar a potencia do procesador, aumentar a cantidade de memoria RAM e reducir o número de programas que arrancan automaticamente co sistema operativo.

- Contactar coa UAC para a súa resolución
- Empregar a empresa que realiza o mantemento dos recursos informáticos a nivel interno.
O sistema operativo, é dicir, o programa que aparece cando iniciamos o ordenador, (Windows, Linux) é multitarefa, isto quere dicir que é capaz de executar varios programas á vez, para comprobalo non tes máis que executar o navegador de Internet, un programa para reproducir música e un editor de textos.
Os programas para executarse necesitan dous recursos: tempo de procesador e espazo en memoria RAM.
- Tempo de procesador: O procesador é como o motor do ordenador, os programas cando se están executando están consumindo tempo do procesador, pero habitualmente temos máis programas executándose que procesadores. Como é isto posible? Porque os Sistemas Operativos fan multitarefa aparente, é dicir, se ten que executar tres programas simultaneamente cun só procesador, como os procesadores son tan rápidos, nun segundo son capaces de executar porcións dos tres programas de xeito que a nós parécenos que se executan simultaneamente, porén nun instante dado no procesador só se está executando un proceso.
- Espazo en Memoria RAM: Un ordenador ten principalmente dous tipos de memoria: a RAM ou principal e o disco duro. A RAM é moitísimo máis rápida que o disco duro. Os programas cando se están executando teñen que estar en memoria RAM. O problema está en que a memoria RAM é limitada (2 GB, 4 GB), se temos moitos programas executándose non caben todos na RAM, entonces móvense entre o disco duro e a RAM os que non se están empregando nese instante para que se poidan executar todos. Este trasvase entre a RAM e o disco duro fai que o ordenador se volva moi lento, porque perde moito tempo nesta tarefa.
Comentario: "Pero a veces o ordenador tarda moito en arrancar o Sistema Operativo, teño que esperar moito tempo a que termine e non me deixa facer nada. Non executei ningún programa adicional así que non debería estar saturado. Por qué tarda tanto en arrancar se fai uns anos tardaba moi pouco e enseguida podía traballar?"
Isto prodúcese porque durante este tempo instalamos programas no equipo e algúns deles durante a instalación fan que se executen automaticamente durante o arranque do equipo para que estean sempre activos e nos sexa máis cómodo empregalos, o problema de este enfoque é que a maioría destes programas non son imprescindibles, non os necesitamos e fan o arranque do equipo moitísimo máis lento e que se temos pouca RAM xa a teremos saturada nada máis arrancar o equipo.
Conclusión 2: Temos que minimizar o número de programas que arrancan automaticamente o iniciar o equipo para acelerar o arranque, liberar recursos e aumentar o rendemento.
Opción final escollida
Agora que coñecemos que factores afectan o rendemento do equipo e o seu tempo de arranque, temos que adoptar medidas en canto aumentar a potencia do procesador, aumentar a cantidade de memoria RAM e reducir o número de programas que arrancan automaticamente co sistema operativo.
Last modified: Monday, 21 December 2015, 8:55 PM