Elaborando a proposta escollida:

Brais no intento de familiarizarse coa rede informática do seu centro, foi preguntando aos coordinadores e coordinadoras doutros centros e aos asesores Abalar e obtivo a seguinte información...


Coñecendo a rede de datos dos centros da Consellería de Educación

Introdución :
Os centros educativos galegos sufriron, nos últimos anos (2005-2010), unha extensión e renovación das redes de datos co obxecto de achegarse con maior eficacia as posiblidades e plantexamentos da sociedade da información. Deseñouse un plan denominado Plan REDUGA. En moitos centros foron melloradas as liñas ADSL para obter maior velocidade de acceso a Internet e ,actualmente, se están a realizar accións encamiñadas para sustituír a liña ADSL por fibra óptica. A compañía R é a responsable de levar a cabo este proceso. Foron amplíadas as redes sin fíos (redes WIFI) para mellorar as redes dos centros. Aínda así, os centros educativos galegos dalgunhas zonas todavía teñen problemas de acceso debido a súa localización e a falta de infraestruturas. Por outra banda, os centros poseen cada vez máis equipamento TIC o que supón máis carga de acceso sobre a liña de saída. Entre os compromisos, dende a Consellería, era ter unha velocidade de acceso non inferior a 6 Mb/s e ata 100Mb/s.

Rede Educativa da Consellería de Educación:

Os centros educativos atópanse integrados nunha rede privada: a rede privada da Xunta de Galicia . Os centros que pertencen a este rede estímanse sobre estas cifras, actualmente:
  • 336 centros de ensino secundario.
  • 955 centros de infantil e primaria.
  • 14 centros de educación especial.
  • 6 centros de educación de adultos.
  • 28 centros de ensinanzas artísticas e escolas de idiomas.

Preme para ampliar

Responsables da Rede de Educación: a Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (SXSI):
É a unidade central da Consellería de poñer en práctica todos os plans referidos a integración informática da rede de centros e entre as súas responsabilidades, atopamos:
  • Elaboración e mantemento do Portal Educativo ( ww.edu.xunta.es).
  • Correo corporativo (SEM CORREO).
  • Platega (Plataforma de Telecominicación de Galicia).
  • e- Administración (XADE, aplicacións para concursos, etcétera)
  • Proxecto WEBS DINÁMICAS
  • Equipamento informático para xestión e docencia
  • Xestión centralizada ( soporte de atención a centros- UAC)
  • Infraestrutura e equipamento do Proxecto Abalar.
Preme para ampliar

A rede interna (intranet) dos centros educativos:
Nos centros educativos optouse, no seu momento, por estruturar a rede de datos do seguinte xeito:
  • unha subrede para os equipos informáticos das aulas de informática.
  • unha subrede para os equipos informáticos da secretaría do centro.
  • unha subrede para os equipos informáticos de dirección, xefatura de estudios, biblioteca, departamento de orientación e sala do profesorado.
  • switch ou concentradores (conmutadores) para as subredes.
  • puntos de acceso ou repetidores WIFI (PA).
  • conexión a Internet mediante router ( enrutador) ADSL.

Acceso a Internet dende os centros educativo
s:
Os centros educativos non saen directamente a Internet ( ímolo comprobar directamente, posteriormente) senón que primeiramente acceden aos servidores da Consellería de Presidencia, posteriormente a Educación e despois do filtrado básico, accédese a Internet.



rede_educativa



Medidas a Adoptar

Unha vez que xa está familiarizado coa organización da rede, Brais, decide realizar as seguintes tarefas:

Comprobar se as IP's do instituto están ben asignadas
Cada ordenador conectado a rede do instituto ten un enderezo de rede ou enderezo IP, este enderezo ten que ser único por cada equipo conectado a rede e asignanse seguindo un esquema dado polo protocolo da SXSI. Ligazón a asignación de IPs - Folla Excell para organizar as IP dos centros
Un enderezo IP está formado por catro números separados por puntos, Exemplo: 69.55.106.50. As direccións da rede de educación teñen o seguinte formato:
  • Os dous primerios números son fixos, indica que o equipo está na rede educación: 69.55
  • O terceiro número indica o centro o que pertence equipo. Neste caso 106 identifica o centro IES do Xilgueiro.
  • O cuarto número indica o equipo dentro do centro. Este é o único número que varia nos enderezos IP dos equipos do meu centro. Os número asígnanse segundo o departamento o que pertence o equipo para telos clasificados. Por exemplo a seguinte IP 69.44.106.55 é dun equipo do meu centro de dirección.
Se un equipo ten unha dirección incorrecta pode dar lugar a problemas da rede, polo que se un equipo ten poblemas de rede o primeiro que temos que comprobar é se ten o enderezo IP que lle corresponde. Isto podemolo facer de dous xeitos::
  • Empregando o Panel de Control (Windows). Ver secuencia.
  • Empregando a consola de comandos(Windows). Ver secuencia.
  • Empregando a ferramenta "Terminal" en Ubuntu cos comandos ifconfig e traceroute (incluindo a instalación do paquete TRACEROUTE a través da consola). Ver secuencia.
Comprobar se un equipo ten rede
Aínda que teña o seu enderezo IP correctamente asignado un equipo pode non ter conexión de rede por outros problemas. Para comprobar se un equipo ten rede empregaremos o comando Ping, dende a utilidade "Consola de comandos" de Windows, co obxecto de comprobar a súa conexión con outro equipo ou o router. Ver secuencia.
En caso de que non teña rede con ningún outro equipo será un problema do cable ou da toma da parede.

Comprobar a saída a Internet
Pode ocorrer que o equipo vexa a outros equipos da rede pero non teña saída a Internet. Para elo temos que comprobar dúas cousas ( son necesarias as dúas):
  • O equipo ten conexión de rede coa máquina que dá saída a Internet a tódalas máquinas do Instituto, o router, tamén chamado "porta de enlace" con Internet. O router sempre ten unha IP co número 1 de equipo ao final da IP, é dicir, no IES do Xilgueiro sería 69.55.106.1. Realizar un "ping" dende o equipo ao router.
  • O equipo ten conexión de rede con Internet.Se ten saída a Internet, podemos consultalo a través do comando camiño (tracert) dende a consola de comandos de Windows. Ver secuencia.



Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM