Na procura dunha solución

Hai distintas accións que Brais pode poñer en marcha para reducir as incidencias e ter un maior control sobre os elementos da rede do centro. El sabe que, segundo o marcado no Plan TIC de centro, o primeiro que ten que facer é contactar coa Unidade de Atención a Centros , pertencente á Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos, a través do teléfono 881997701 ou remitir un correo a "uac@edu.xunta.es" e levantar unha incidencia. Por outra banda o centro ten contratado un servizo de mantemento de equipos informáticos pero non entran no mesmo os equipos de rede ( router, concentradores, etcétera), nin é aconsellable que estas empresas modifiquen parámetros da rede do centro. Brais ten claro, despóis desta reflexión, que:

  • Ante calquera incidencia vai seguir o protocolo de comunicación coa UAC ou cos asesores Abalar da súa zona para resolver o problema.
  • Ao mesmo tempo, quere coñecer os elementos hardware de rede do IES do Xilgueiro para seguir as indicacións da UAC e solventar a distancia pequenos problemas cotiáns que poidan xurdir.
Opción final escollida

Brais vai investigar cómo está estruturada a rede de datos do instituto e, posteriormente, realizará unhas probas da conexión de rede e un mapa da rede TIC do seu centro como medidas preventivas ante posibles incidencias.
Última alteração: segunda-feira, 21 de dezembro de 2015 às 20:55