A importancia de buscar, obter e seleccionar a información . Os recursos educativos.
Recursos educativos e seleccion de información
Tanto para o alumnado como para o profesorado a capacidade para buscar e seleccionar información en Internet é, sen dúbida, unha das dimensións ou subcompetencias máis notables inmersas na competencia dixital e no tratamento da información, senón a máis importante. Navegar pola rede sen naufragar ou informarse sen "infoxicarse" (infoxicación= exceso de información) son elementos claves para aproveitar a potencialidade educativa de Internet.Neste apartado preténdese amosar unha serie de páxinas ou portais web con contidos educativos multimedia que, pensamos, poden ser interesantes para dinamizar o traballo diario co alumnado nas distintas áreas. Atoparedes páxinas institucionais, páxinas de centros docentes e páxinas con recursos de profesorado. Bótade unha ollada...
Webs institucionais con recursos educativos |
||||
Webs de profesorado |
||||
Ferramentas con recursos e programas educativos |
||||
Ferramentas de autor- Repositorios |
||||
Software Libre - Repositorios- |
||||
Sendo importante ter webs de referencia, tamén é moi importante realizar pescudas en Internet sobre temáticas ou proxectos didácticos de aula realizada polo alumnado (e guíados polo profesorado) co obxecto de seleccionar a información requerida e construír un coñecemento veraz e crítico a partires do mesma; elaborando finalmente propostas ou actividades multimedia sinxela para publicitar o seu traballo. Esta metodoloxía é unha das orientacións pedagóxicas propostas dende o Proxecto Abalar.
Last modified: Monday, 21 December 2015, 8:55 PM