Elaborando a proposta escollida

Primeiro imos a comentar algúns lugares interesantes para atopar material educativo e logo imos a catalogalos empregando Delicious.

Lugares interesantes para atopar recursos

Algúns enlaces Interesantes
:
  • Textos:
Xa falamos en temas anteriores que un bo sitio para obter documentos é o Proxecto Gutemberg. Outros lugares interesantes para nos poden ser a Biblioteca Virtual Galega, a Biblioteca das Letras Galegas onde podemos atopar obras dos autores galegos ou a Biblioteca Cervantes.
  • Presentacións:
Supoñamos que queremos explicar as fraccións na clase de matemáticas e queremos elaborar unha presentación. Un bó lugar para atopar material é Preme para ir. Aquí podemos atopar presentacións de todo tipo. Proba a buscar presentacións sobre fraccións ou sobre calquera outro tema. Podemos descargalas ou incrustalas no noso sitio educativo como se fosen un vídeo do youtube. Exemplo: Fraccións

Obtendo código dunha presentación

Temos que ter en conta se a licenza da obra nos permite modificala.
  • Imaxes:
  • Música:
Un bó lugar para atopar música é Preme para ir a Web. Nela podes atopar discos completos de artistas que licenzan a súa obra baixo Creative Commons e que podemos descargar, copiar e reproducir sen pagar dereitos de autor.
  • Efectos de Son:
Algúns lugares onde os podemos atopar para traballar en programas como o Audacity son: http://www.freesound.org ou http.findsounds.com .

Catalogando os recursos

Empregaremos Preme para ir para clasificar os nosos enlaces.

Creando a nosa conta en delicious:
  • Temos que rexistrarnos, enchendo o típico formulario, necesitaremos unha conta de correo (podemos empregar a de gmail que xa empregamos neste curso)
  • Paso 2: Escollemos Add Buttons. Engade os seguintes botóns no navegador de Internet (un plugin) para traballar máis comodamente coa ferramenta.
Botós Delicious
  • Paso 3: Non queremos facer nada neste momento. Escollemos Skip step 3.
Engadindo páxinas o noso catálogo:

Supoñamos que queremos engadir o noso catálogo a páxina do Proxecto Gutenberg.
  • Abrímola nunha pestaña do navegador e prememos o botón de "Etiquetar e catalogar unha páxina".
  • Se non o estamos xa, identificámonos coa nosa conta de Delicious.
  • No campo Notes podemos poñer unha descripción do contido da páxina.
  • No camp Tags, poñémoslle dúas etiquetas: Libros e Dominio_Público. Podes poñer as que queiras separándoas con espazos, posteriormente as empregaremos para filtrar os enlaces relacionados cun determinado tema. Poñemos Dominio_Público có guión baixo porque non podemos empregar espazos nas etiquetas.
Etiquetando Páxina
  • Engadimos tamén as seguintes páxinas, as súas descripcións e as súas correspondentes etiquetas:
URL
Descrición
Etiquetas
http://bvg.udc.es/
Biblioteca Virtual Galega con obras da Literatura Galega
Libros Dominio_Público Literatura_Galega
http://www.letrasgalegas.org/
Biblioteca das Letras Galegas con obras da Literatura Galega
Libros Dominio_Público Literatura_Galega
http://www.slideshare.net/
Presentacións de todo Tipo
Presentacións
http://picasaweb.google.com/
Álbums de Fotografías
Fotografías
http://www.flickr.com/
Álbums de Fotografías Fotografías
http://www.openclipart.org/ Álbums de Imaxes Imaxes Creative_Commons
http://www.jamendo.com/es/
Música
Música Creative_Commons
http://www.freesound.org Efectos de Son
Efectos_de_Son Creative_Commons
  • Cando rematemos de engadir as páxinas, prememos o botón de "Ver as etiquetas e páxinas que temos catalogadas". Podemos explorar as páxinas empregando as etiquetas, se pinchamos en Creative_Commons son nos amosará as tres páxinas que teñen esa etiqueta.

Tódolas páxinas
Filtrados por unha etiqueta
Tódolas páxinas
Filtradas por Creative_Commons

Deste xeito, aínda que teñamos almacenadas moitísimas páxinas poderemos clasificalas e acceder a elas eficientemente empregando as etiquetas.

Compartindo as páxinas marcadas

Se consideramos que unha páxina pode serlle útil a un compañeiro que tamén teña conta de delicious podemos facelo dende a propia páxina. Está explicado no seguinte vídeo.

Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM