Na procura dunha solución

Tendo en conta todo o que xa sabemos sobre as licenzas dos recursos que podemos atopar por Internet, é moi importante que cando necesitemos un contido sobre un tema concreto non partamos dende cero, senón que reempreguemos o material existente na rede adaptándoo as nosas necesidades, sempre e cando a súa licenza así o permita.
Isto contribuirá a aproveitar os esforzos doutras persoas e se tamén subimos os nosos materias a rede contribuímos a creación de coñecemento.

O problema está en que cando necesitamos materiais sobre un determinado tema non sabemos onde buscar ou unha vez que atopamos algo que nos parecía interesante, non sabemos como recuperalo, ... (Buscar e Catalogar)

Por iso imos a procurar alternativas que nos permitan clasificar enlaces interesantes de Internet para centralizar os recursos e compartilos con posterioridade.

  • Marcadores ou Favoritos:
É unha opción moi sinxela que nos proporcionan os navegadores de Internet. Permite organizar enlaces a páxinas en categorías ou carpetas.
O problema é que son marcadores locais dun ordenador concreto. Se traballamos na casa e no centro educativo, teríamos que exportalos do equipo onde creamos os marcadores a un arquivo, levalos nun pendrive e importalos no equipo destino. (Menú- Achivo- Exportar e Importar).

  • Ir a web:
É unha web, dentro da filosofía da web 2.0 ou web Social que nos permite crear unha conta e categorizar os nosos enlaces coa ventaxa de que estarán accesible dende calquera equipo con conexión a Internet, e cada vez que fagamos un cambio nos nosos enlaces propagarase automaticamente a tódolos equipos que empreguemos.

Para telo máis claro mira o seguinte vídeo:



Última modificación: lunes, 21 de diciembre de 2015, 20:55