Elaborando a proposta escollida

Queremos enlazar na nosa web tres tipos de recursos sobre a obra "Don Quijote": Un fragmento, unha imaxe e un vídeo sobre dunha película ou serie sobre o libro.
O primeiro será procurar os recursos, determinar que licenza teñen e enlazalos no noso sitio educativo (se podemos), respectando a súa licenza.

Obtendo un Fragmento do Libro

Non sei o ano exacto no que morreu Miguel de Cervantes, pero estou seguro de que pasaron máis de setenta anos dende a morte do autor de "Don Quijote". Así que segundo o visto no apartado anterior a obra ten que ser Dominio Público polo que non teremos ningún problema en empregar algún dos seus fragmentos.
Quero poñer no meu sitio educativo o primeiro parágrafo da obra.
  • Imos a páxina do proxecto Gutenberg. É un sitio web que almacena miles de libros de dominio público en diversos idiomas que podemos descargar e empregar libremente.
  • Procuramos na esquina superior esquerda "Don Quijote", clicamos na obra.
  • Temos a posibilidade de descargalo en diversos formatos. Por exemplo, epub e kindle son para lectores electrónicos. Escollemos HTML.
  • Ten enlaces os distintos capítulos, clicamos no primeiro e copiamos e pegamos no noso sitio educativo o primeiro parágrafo.
"En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme, no ha mucho tiempo que vivía un hidalgo de los de lanza en astillero, adarga antigua, rocín flaco y galgo corredor. Una olla de algo más vaca que carnero, salpicón las más noches, duelos y quebrantos los sábados, lantejas los viernes, algún palomino de añadidura los domingos, consumían las tres partes de su hacienda. El resto della concluían sayo de velarte, calzas de velludo para las fiestas, con sus pantuflos de lo mesmo, y los días de entresemana se honraba con su vellorí de lo más fino. Tenía en su casa una ama que pasaba de los cuarenta, y una sobrina que no llegaba a los veinte, y un mozo de campo y plaza, que así ensillaba el rocín como tomaba la podadera. Frisaba la edad de nuestro hidalgo con los cincuenta años; era de complexión recia, seco de carnes, enjuto de rostro, gran madrugador y amigo de la caza. Quieren decir que tenía el sobrenombre de Quijada, o Quesada, que en esto hay alguna diferencia en los autores que deste caso escriben; aunque, por conjeturas verosímiles, se deja entender que se llamaba Quejana. Pero esto importa poco a nuestro cuento; basta que en la narración dél no se salga un punto de la verdad."
Miguel de Cervantes Saavedra - Don Quijote
Texto obtido do Proxecto Gutenberg

Aínda que sexa Domino Público debemos citar a obra e o autor, como cortesía tamén poñemos un enlace a páxina de onde obtivemos o texto.

Obtendo unha Imaxe referente ó Libro

Quero atopar unha imaxe alusiva ó libro ou o seu autor. É moi fácil atopala empregando calquera buscador de imaxes como Google. Pero como determino que dereitos protexen a imaxe?

Se non aparece ningunha información sobre a licenza da imaxe ou o que podemos facer con ela, está protexida por copyright. Non podemos facer nada con ela senón lle pedimos permiso o autor.

Pocurando imaxes cunha licenza concreta:
  • Imos a páxina de Google, categoría imaxes
  • Procuramos "Don quijote de la mancha" e aparécennos multitude de imaxes, pero non sabemos nada sobre os seus dereitos de autor.
  • Esta vez queremos filtrar a búsqueda para que nos amose só imaxes que poidamos empregar. Escollemos búsqueda avanzada
Preme para ampliar
Na sección dereitos de uso escollemos "Só imaxes que se poidan volver a empregar"
     
Filtrar por dereitos de autor
Fíxate que podes restrinxir máis a licenza e procurar imaxes que permitan obras derivadas ou emprego comercial. Procuramos có filtro activado e atopa as seguintes imaxes.
Imaxes etiquetadas para reempregar
Examinamos algunha das imaxes obtidas para ver a súa licenza.

Preme na foto para ir a súa orixe
Autor: Nelson Piedra
Preme na foto para ir o seu orixe
Autor: Olibac
Licenza da Obra Licenza da Obra
Licenza da Obra Licenza da Obra

A licenza da segunda obra é a menos restritiva, xa que podemos facer o que queiramos coa obra, incluso modificala, só temos que recoñecer a autoría da obra orixinal. A primeira obra podemos empregala, pero non modificala nin gañar cartos con ela.
Fíxate como enlacei as imaxes. Poño claramente o autor das mesma e enlazo a páxina de onde as obtiven. Este é o xeito correcto de enlazar unha imaxe Creative Commons.
  • Teño que poñer claramente o autor da obra orixinal. Se só enlazo as fotos explicitase o autor incumpriría a licenza, xa que non respetaría a autoría da obra.
  • Enlazar a páxina onde aparece a fotografía orixinal para que outros usuarios saiban o que poden facer con ela.
Obtendo un Vídeo referente ó Libro

Procuro en www.youtube.com un vídeo relacionado coa obra e atopo que alguén subíu o primeiro capítulo dunha serie de televisión española feita sobre o libro. Está claro que a serie está protexida por copyright, entoces segundo todo o que dixemos antes non podería empregar ese capítulo no meu material.



Autor:rtve

Porén, acabo de colgar un vídeo protexido por copyright. Estou entonces infrinxindo a lei e expóñome a que me demanden?. Afortunadamente non, temos o que se denomina "Dereito de cita" que nos permite empregar fragmentos de calquera obra protexida para investigación ou educación.Temos que citar a fonte e o autor da obra. Para coñecer os detalles preme aquí.
Aplicando unha licenza os meus recursos

Ata agora vimos como empregar recursos feitos por outros respectando os seus dereitos, pero como podemos especificar a licenza do material creado por nos que subamos a Internet?.
  • Se publicamos un recurso en Internet por defecto está protexido polo copyright, non temos que facer nada.
  • Se queremos que os usuarios poidan reempregar o noso material temos que aplicarlle unha licenza Creative Commons. Para elo:
    • Imos a páxina de Creative Commons
    • Escollemos na esquina superior dereita "Publica con CC"
Aplicar licenza CC
    • Escollemos a nosa licenza respondendo a unha serie de preguntas sobre o que queremos que os usuarios poidan facer coa nosa obra.
Escollendo a nosa licenza
    • Escollemos o logotipo que queremos amosar coa nosa licenza e obtemos un código que temos que copiar e pegar na nosa Web, para especificar a licenza do noso material. Tamén temos información sobre como aplicar a licenza a unha obra que non estea colgada na rede.
Preme para ampliar

    • Pegando a licenza na nosa Aula Virtual
      • Abrimos sesión na nosa Aula Virtual
      • Escollemos editar Barra lateral
      • Imos a pegar o código no pé da páxina, pódelo pegar onde queiras pero o mellor e que non sexa nunha páxina concreta senón que estea visible todo o rato.
        Accedendo o Pé de Páxina
        Activamos o Pé de Páxina

      • Editamos o pé de páxina onde temos dous xeitos de editar como texto ou como código HTML, escollemos código HTML e pegamos o código coa nosa licenza.
Preme para ampliar
Preme para ampliar
Preme para ampliar
Escollemos editar HTML
Pegamos o código obtido
O código visto como texto

      • Este é o aspecto final do noso sitio educativo coa licenza aplicada.
Aspecto Final
Deixamos que empreguen o noso material sempre que recoñezan a nosa autoría e non o empreguen para fins comerciais. Sempre que atopemos este logo nunha web sabemos en que termos o autor os deixa empregar o seu material.

Protexendo os meus dereitos sobre os meus recursos

Supoñamos fago uns apuntes e os subo a Internet aplicándolles unha licenza Creative Commons que permite a súa reutilización sen fins comerciais. É suficiente protección a licenza Creative Commons se unha editorial decide empregalos nun libro de texto?
A resposta é non, xa que o obxectivo dos Creative Commons non é protexer os dereitos de autor dun recurso, senón especificar que poden facer os usuarios co noso recurso. A protección dos nosos dereitos de autor é tarefa da lei de propiedade intelectual.
No caso anterior teríamos que demostrar a nosa autoría sobre ese recurso o cal sería moito máis fácil se o tivésemos rexistrado previamente. Un xeito moi sinxelo de protexer os nosos recursos, sen ter que recurrir ás oficinas do Rexistro da Propiedade Intelectual, é a proposta realizada dende Imaxe obtida de http://www.tucamon.es/blog/que-es-safe-creative. Nova web de Safe Creative
Esta páxina actúa como un rexistro da propiedade online. Temos que crear unha conta, crear unha ficha da nosa obra e se ten formato electrónico subir unha copia. Se existira un conflito sobre a paternidade dunha obra a páxina actuará coma proba da nosa paternidade.




Última alteração: segunda-feira, 21 de dezembro de 2015 às 20:55