Elaboración da solución
Elaborando a proposta escollida
Queremos enlazar na nosa web tres tipos de recursos sobre a obra "Don Quijote": Un fragmento, unha imaxe e un vídeo sobre dunha película ou serie sobre o libro.
O primeiro será procurar os recursos, determinar que licenza teñen e enlazalos no noso sitio educativo (se podemos), respectando a súa licenza.
Obtendo un Fragmento do Libro
Obtendo unha Imaxe referente ó Libro
Procuro en www.youtube.com un vídeo relacionado coa obra e atopo que alguén subíu o primeiro capítulo dunha serie de televisión española feita sobre o libro. Está claro que a serie está protexida por copyright, entoces segundo todo o que dixemos antes non podería empregar ese capítulo no meu material.
Porén, acabo de colgar un vídeo protexido por copyright. Estou entonces infrinxindo a lei e expóñome a que me demanden?. Afortunadamente non, temos o que se denomina "Dereito de cita" que nos permite empregar fragmentos de calquera obra protexida para investigación ou educación.Temos que citar a fonte e o autor da obra. Para coñecer os detalles preme aquí.
Aplicando unha licenza os meus recursos
O primeiro será procurar os recursos, determinar que licenza teñen e enlazalos no noso sitio educativo (se podemos), respectando a súa licenza.
Obtendo un Fragmento do Libro
Non sei o ano exacto no que morreu Miguel de Cervantes, pero estou seguro de que pasaron máis de setenta anos dende a morte do autor de "Don Quijote". Así que segundo o visto no apartado anterior a obra ten que ser Dominio Público polo que non teremos ningún problema en empregar algún dos seus fragmentos.
Quero poñer no meu sitio educativo o primeiro parágrafo da obra.
Aínda que sexa Domino Público debemos citar a obra e o autor, como cortesía tamén poñemos un enlace a páxina de onde obtivemos o texto.
Quero poñer no meu sitio educativo o primeiro parágrafo da obra.
- Imos a páxina do proxecto Gutenberg. É un sitio web que almacena miles de libros de dominio público en diversos idiomas que podemos descargar e empregar libremente.
- Procuramos na esquina superior esquerda "Don Quijote", clicamos na obra.
- Temos a posibilidade de descargalo en diversos formatos. Por exemplo, epub e kindle son para lectores electrónicos. Escollemos HTML.
- Ten enlaces os distintos capítulos, clicamos no primeiro e copiamos e pegamos no noso sitio educativo o primeiro parágrafo.
Aínda que sexa Domino Público debemos citar a obra e o autor, como cortesía tamén poñemos un enlace a páxina de onde obtivemos o texto.
Obtendo unha Imaxe referente ó Libro
Quero atopar unha imaxe alusiva ó libro ou o seu autor. É moi fácil atopala empregando calquera buscador de imaxes como Google. Pero como determino que dereitos protexen a imaxe?
Se non aparece ningunha información sobre a licenza da imaxe ou o que podemos facer con ela, está protexida por copyright. Non podemos facer nada con ela senón lle pedimos permiso o autor.
Pocurando imaxes cunha licenza concreta:
Se non aparece ningunha información sobre a licenza da imaxe ou o que podemos facer con ela, está protexida por copyright. Non podemos facer nada con ela senón lle pedimos permiso o autor.
- Imos a páxina de Google, categoría imaxes
- Procuramos "Don quijote de la mancha" e aparécennos multitude de imaxes, pero non sabemos nada sobre os seus dereitos de autor.
- Esta vez queremos filtrar a búsqueda para que nos amose só imaxes que poidamos empregar. Escollemos búsqueda avanzada
Fíxate que podes restrinxir máis a licenza e procurar imaxes que permitan obras derivadas ou emprego comercial. Procuramos có filtro activado e atopa as seguintes imaxes.
Obtendo un Vídeo referente ó Libro
Examinamos algunha das imaxes obtidas para ver a súa licenza.
A licenza da segunda obra é a menos restritiva, xa que podemos facer o que queiramos coa obra, incluso modificala, só temos que recoñecer a autoría da obra orixinal. A primeira obra podemos empregala, pero non modificala nin gañar cartos con ela.
Fíxate como enlacei as imaxes. Poño claramente o autor das mesma e enlazo a páxina de onde as obtiven. Este é o xeito correcto de enlazar unha imaxe Creative Commons.
Autor: Nelson Piedra |
Autor: Olibac |
Licenza da Obra |

- Teño que poñer claramente o autor da obra orixinal. Se só enlazo as fotos explicitase o autor incumpriría a licenza, xa que non respetaría a autoría da obra.
- Enlazar a páxina onde aparece a fotografía orixinal para que outros usuarios saiban o que poden facer con ela.
Procuro en www.youtube.com un vídeo relacionado coa obra e atopo que alguén subíu o primeiro capítulo dunha serie de televisión española feita sobre o libro. Está claro que a serie está protexida por copyright, entoces segundo todo o que dixemos antes non podería empregar ese capítulo no meu material.
Porén, acabo de colgar un vídeo protexido por copyright. Estou entonces infrinxindo a lei e expóñome a que me demanden?. Afortunadamente non, temos o que se denomina "Dereito de cita" que nos permite empregar fragmentos de calquera obra protexida para investigación ou educación.Temos que citar a fonte e o autor da obra. Para coñecer os detalles preme aquí.
Ata agora vimos como empregar recursos feitos por outros respectando os seus dereitos, pero como podemos especificar a licenza do material creado por nos que subamos a Internet?.
- Se publicamos un recurso en Internet por defecto está protexido polo copyright, non temos que facer nada.
- Se queremos que os usuarios poidan reempregar o noso material temos que aplicarlle unha licenza Creative Commons. Para elo:
- Imos a páxina de Creative Commons
- Escollemos na esquina superior dereita "Publica con CC"
- Escollemos a nosa licenza respondendo a unha serie de preguntas sobre o que queremos que os usuarios poidan facer coa nosa obra.
- Pegando a licenza na nosa Aula Virtual
- Abrimos sesión na nosa Aula Virtual
- Escollemos editar Barra lateral
- Imos a pegar o código no pé da páxina, pódelo pegar onde queiras pero o mellor e que non sexa nunha páxina concreta senón que estea visible todo o rato.
- Editamos o pé de páxina onde temos dous xeitos de editar como texto ou como código HTML, escollemos código HTML e pegamos o código coa nosa licenza.
Escollemos editar HTML |
Pegamos o código obtido |
O código visto como texto |
- Este é o aspecto final do noso sitio educativo coa licenza aplicada.
Deixamos que empreguen o noso material sempre que recoñezan a nosa autoría e non o empreguen para fins comerciais. Sempre que atopemos este logo nunha web sabemos en que termos o autor os deixa empregar o seu material.
Protexendo os meus dereitos sobre os meus recursos
Supoñamos fago uns apuntes e os subo a Internet aplicándolles unha licenza Creative Commons que permite a súa reutilización sen fins comerciais. É suficiente protección a licenza Creative Commons se unha editorial decide empregalos nun libro de texto?
A resposta é non, xa que o obxectivo dos Creative Commons non é protexer os dereitos de autor dun recurso, senón especificar que poden facer os usuarios co noso recurso. A protección dos nosos dereitos de autor é tarefa da lei de propiedade intelectual.
No caso anterior teríamos que demostrar a nosa autoría sobre ese recurso o cal sería moito máis fácil se o tivésemos rexistrado previamente. Un xeito moi sinxelo de protexer os nosos recursos, sen ter que recurrir ás oficinas do Rexistro da Propiedade Intelectual, é a proposta realizada dende . Nova web de Safe Creative
Esta páxina actúa como un rexistro da propiedade online. Temos que crear unha conta, crear unha ficha da nosa obra e se ten formato electrónico subir unha copia. Se existira un conflito sobre a paternidade dunha obra a páxina actuará coma proba da nosa paternidade.

Ultime modifiche: lunedì, 21 dicembre 2015, 20:55