Na procura dunha solución

O primeiro que temos que aclarar é se podemos empregar libremente calquera recurso (imaxe, audio ou vídeo) que atopemos por Internet nos nosos materias educativos.

Para elo primeiro temos que explicar o termo dereitos de autor e as licenzas que protexen estes dereitos.

Supoñamos que eu fago unha fotografía coa miña cámara e a colgo no meu sitio educativo en Internet. Podo facelo? Claro que si, xa que eu son o propietario da fotografía e teño un dereitos sobre a miña obra. Qué dereitos teño sobre a miña fotografía?

  • Preme para ir a orixe do arquivo Copyright:
Cando creamos unha obra, por defecto temos o copyright sobre ela. Qué temos que facer para obtelo?
NADA, calquera obra orixinal que elaboremos está protexida pola lei de propiedade intelectual e temos o dereito de autor de copyright sobre ela (ver).
Qué protección nos proporciona esta licenza sobre a nosa obra?
Só o autor (Nós) ten tódolos dereitos sobre a obra durante a súa vida e ata setenta anos despois da súa morte. Isto implica que só o autor ou os seus herdeiros poden facer copias da obra, reproducila, interpretala, crear obras derivadas ou presentala publicamente. Quen queira usala debe pedir permiso.
Entonces se outra persoa atopa a nosa fotografía en Internet, lle parece interesante e quere empregala. Pode facelo?
Non, porque a nosa fotografía está protexida polo copyright e tería que pedirnos permiso ou pagarnos unha licenza para poder empregala.
Problemas derivados desta licenza
Por defecto, todo o creado en Internet está protexido por copyright. Isto impide totalmente o reemprego de recursos xa creados nos nosos materiais educativos, é dicir, non poderíamos empregar nada do xa existente en Internet, a non ser que lle pedísemos permiso o propietario (o cal sería bastante complicado).
Pode dicirse que supón unha limitación para a creación de coñecemento novo, xa que impide reempregar material existente, e teríamos que crear todo dende cero (cada imaxe, arquivo de son, vídeo..) co conseguinte desperdicio de esforzo.

  • Creative Commons:
Para dar resposta os problemas derivados do copyright xurdiu esta licenza. Se copyright significa "tódolos dereitos reservados", Creative Commons significa "algúns dereitos reservados". Esta licenza permítenos especificar o que poden facer os usuarios coa nosa obra, iso si, sempre respectando a nosa autoría.
Temos catro criterios que podemos combinar e que nos permiten personalizar a nosa licenza e a protección da nosa obra:

Obtida de http://creativecommons.org Recoñecemento: Permítese a copia, distribución, e obra derivada, sempre que se recoñeza quén é o autor da obra orixinal. Este criterio é obligatorio.

Exemplo: Fago unha presentación sobre unha unidade didáctica, poño o meu nome na diapositiva de portada e súboa a Internet. Un usuario descarga a presentación para empregala na súa clase e borra ou non amosa a primeira diapositiva.
Estaría incumprindo o meu dereito de recoñecemento como autor.

obtida de http://creativecommons.org
Non comercial: Impedimos que obteñan un beneficio económico coa nosa obra.
  Exemplo: Supoñamos que durante as miñas vacacións fago unha fotografía dun famoso e súboa a un álbum de Picasa con esta licenza.
Unha revista do corazón non podería descargala e empregala na súa publicación sen o noso consentimento.

Obtida de http://creativecommons.org
Sen obras derivadas: Impedimos que modifiquen a nosa obra, creando obras derivadas.
  Exemplo: Supoñamos que alguén non lle interesa toda a fotografía senón só unha parte e quere recortala para empregala na súa obra.
Non podería porque con esta licenza obrigamos a que se respecte a integridade da nosa obra non podendo crear obras derivadas.

http://creativecommons.org
Compartir baixo a mesma licenza: Permitimos facer obras derivadas sempre e cando reciban a mesma licenza que a nosa obra orixinal.

  Exemplo: Escribimos un relato e colgámolo en Internet baixo Creative Commons, permitindo obras derivadas. Alguén baseándose no noso relato, fai unha película e intenta distribuíla comercialmente.
Non podería, porque tería que distribuir a súa película como Creative Commons para ter a mesma licenza que a obra orixinal.

As combinacións dos criterios anteriores proporcionan as seguintes seis licenzas que podemos aplicar a nosa obra.

 
Imaxe obtida de es.creativecommons.org
Recoñecemento (by): Permítese calquera explotación da obra, incluíndo unha finalidade comercial, así como a creación de obras derivadas.


es.creativecommons.org
Recoñecemento - NonComercial (by-nc): Permítese a xeración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode empregar a obra orixinal con fins lucrativos.

Imaxe obtida de es.creativecommons.org
Recoñecemento - NonComercial - CompartirIgual (by-nc-sa): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas, a súa distribución debe facerse cunha licenza igual á que regula a obra orixinal.

Imaxe obtida de es.creativecommons.org
Recoñecemento - NonComercial - SenObraDerivada (by-nc-nd): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas.


Imaxe obtida de es.creativecommons.org
Recoñecemento - CompartirIgual (by-sa): Permítese o uso comercial da obra e das posibles obras derivadas, a súa distribución debe facerse cunha licenza igual á que regula la obra orixinal. Isto é o que se coñece como copyleft.

Imaxe obtida de es.creativecommons.org
Recoñecemento - SenObraDerivada (by-nd): Permítese o uso comercial da obra pero non a xeración de obras derivadas.

Podemos personalizar o que queremos que os usuarios podan facer coa nosa obra, sendo obrigatorio sempre recoñecer a nosa autoría. Podes ver o seguinte vídeo para obter máis información:
Os Creative Commons non están deseñados para garantir que o noso traballo non sexa plaxiado, para iso está a Lei de propiedade intelectual. A función dos CC é permitir o autor dun material deixar que outras persoas empreguen o seu material de acordo coa licenza escollida. Se alguén viola a licenza CC podería perseguirse legalmente. Xa hai sentencias que o proban.

Podedes pensar que os Creative Commons son algo que só son coñecidos polos informáticos e que se empregan en ámbitos moi concretos. Por se acaso, para cambiar a vosa opinión, os contidos da páxina da campaña para a presidencia dos Estados Unidos de Barack Obama estaban licenzados baixo esta licenza. Podedes comprobalo aquí.
  • Preme para ir a orixeDominio Público:
No primeiro apartado, dixemos que cando creamos unha obra, automaticamente temos o copyright sobre ela, e que os nosos descendentes terán os dereitos de autor sobre ela ata setenta anos despois da nosa morte.
E logo? Que ocorre cos dereitos de autor da obra nesa data?
A obra pasa a ser de Dominio Público, iso quere dicir que a obra pertence a comunidade e que ninguén pode cobrar polos dereitos de autor sobre ela. As obras literarias clásicas son de Dominio Público e podemos descargalas libremente de Internet dende páxinas como Proxecto Gutemberg
Qué podo facer cunha obra de Dominio Público? O que queira, podo traducila, modificala, crear unha obra derivada dela e gañar cartos con ela,...

Exemplo: A película "Blancaneves e os sete ananiños" Walt Disney é unha obra derivada do conto dos irmáns Grimm. Walt Disney non tivo que pagar dereitos de autor os descendentes dos irmáns Grimm porque o conto xa era de dominio público cando realizou a película.
Hoxe en día a película está baixo licenza copyright porque aínda non pasaron setenta anos dende a morte de Walt Disney, e non podemos facer nada con ela a non ser que lle pidamos permiso ou paguemos unha licenza os propietarios dos dereitos.
Curiosamente en Estados Unidos o tempo que tarda unha obra en pasar a dominio público foise alargando a medida que se acercaba o momento de que lle tocase a Mickey Mouse. ver

Opción final escollida

Xa coñezo os distintos tipos de licenzas. No seguinte apartado veremos como atopar material que poda empregar legalmente nos meus traballos e como aplicar unha licenza concreta a miña obra.

Nota: Baseado en http://es.creativecommons.org/licencia/
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM