Elaborando a proposta escollida

Brais conxuntamente co Equipo TIC ten decidido realizar unha serie de accións para tentar garantir a axeitada integración do Proxecto Abalar no Centro. Despóis de moito reflexionar, teñen decidido poñer en práctica as seguintes accións: accións de comunicación, accións de acollida do proxecto, accións de formación e integración didáctica.


Accións de comunicación

1- Presentación ao claustro e dar comunicación aos estudiantes, pais e nais do que supón cara a innovación e a mellora educativa a participación neste proxecto. Para facer realidade esto, realizarán unha reunión para darlles información sobre o Proxecto Abalar nos aspectos pedagóxicos e tecnolóxicos do mesmo. Haberá unha presentación multimedia do Proxecto e vídeos de experiencias noutros centros, así como a visita da coordinadora Abalar dun centro da vila. Posteriormente haberá unha visita cos medios TIC xa integrados na aula.




2- Reservar un Espazo Abalar na web do centro con información do proxecto, de vínculos con centros Abalar e cunha listaxe inicial de recursos para traballar na aula.

  • Exemplo de Espazo Abalar en web de centro

Aulas Abalar



Accións de acollida do Proxecto

1- Elaborar un reglamento de uso e responsabilidades na utilización e coidado dos materiais cunha aceptación conxunta das familias. 2- Integrar o Proxecto Abalar dentro do Plan TIC deseñado para o centro.
  • Proxecto Abalar no Plan TIC

Accións de formación e integración didáctica

1- Deseñar un Plan de Formación do profesorado do centro que imparte docencia en 1º da ESO co obxecto de mellorar a súa competencia dixital e o coñecemento dos medios das aulas Abalar. Este plan concretarase a través dos Centros de Formación e Recursos do Profesorado. Expóñense aquí as liñas directrices dunha posible proposta para o profesorado das aulas Abalar.
2- Realizar unha temporalización de actividades didácticas iniciais a realizar cos medios TIC para a dinamización das diferentes áreas curriculares.
3- Elaboración dun BOLETIC cunha selección de webs interesantes para as distintas áreas educativas e os temas tratados co fin de que servan de apoio ao profesorado nas aulas Abalar.

Exemplos de BOLETIC de centro Abalar

Last modified: Monday, 21 December 2015, 8:55 PM