Na procura dunha solución

Brais ven de reunirse co equipo directivo e co Equipo TIC do instituto e teñen pensado en artellar diferentes accións para organizar a chegada dos novos medios (ultraportátiles de alumno, portátil de profesor, servidor de contidos, encerado dixital interactivo, rede WIFI) para as dúas aulas de 1º da ESO do centro.

A estratexia do Equipo TIC quere concretarse en:

- A difusión do proxecto á comunidade educativa.

- A elaboración dun Plan de Acollida dos novos medios e a súa integración no Plan TIC e cunha normativa de usos e responsabilidades.

- Unha planificación-temporalización da posta en marcha do seu Proxecto Abalar.

- O deseño dun Plan de Formación para o profesorado que imparte docencia nas aulas Abalar.

Brais sabe da importancia de facer as cousas ben, sobre todo, nos momentos iniciais da posta en práctica do proxecto para que o acollemento do mesmo resulte positivo e non supoña ningún tipo de estrés que vaia en contra da integración TIC, que ata o momento se estaba consolidando de xeito moi satisfactorio no centro...

Modifié le: lundi 21 décembre 2015, 20:55