Elaborando a proposta escollida

Imos a crear a nosa enquisa creando un formulario con Google Docs, logo enlazarémolo dende o noso sitio web da aula.

  • 01-Creación da nosa enquisa en Google Docs

Crear Formulario
Empregamos a nosa conta de Gmail para identificarnos en Google Docs. Podemos acceder dende a páxina de Google ou pinchando no logo.
O tratarse dunha suite ofimática online podemos crear documentos de texto, follas de cálculo, presentacións, ...
Creamos un formulario para a nosa enquisa, e as súas correspondentes preguntas, amosando os seus diferentes tipos.
Aplicamos unha plantilla ó formulario.
  • 02-Inserción da nosa enquisa no noso sitio educativo

Crear Formulario
Creamos unha nova páxina no noso sitio educativo para enlazar a enquisa.
O formulario proporciónanos un código HTML que podemos inserir na nosa páxina.
Adaptamos o tamaño do formulario para adaptalo o deseño do noso sitio educativo.
  • 03-Cubrir a enquisa e obter os resultados

Crear Formulario
Unha vez que a enquisa estea accesible, calquera pode respondela, incluso un usuario desde o mesmo equipo pode respondela varias veces.
Por iso puxemos o campo nome obrigatorio, así o ver os resultados podemos descartar respostas duplicadas ou erróneas.
  • 04-Finalizar a aceptación das respostas e analizar os resultados

Crear Formulario
Cando decidamos podemos finalizar a aceptación das respostas, estas almacénanse nunha folla de cálculo que podemos manipular.
Podemos realizar gráficas e analizar os resultados.

Como resultado de tódolos pasos anteriores construímos a seguinte enquisa. Ten en conta que os seus contidos son só un exemplo.

Nota: Capturas feitas con Wink Logo


Última alteração: segunda-feira, 21 de dezembro de 2015 às 20:55