Propostas de Solucións
Na procura dunha solución
O que necesitamos é un método de realizar enquisas sen empregar o papel que nos permita xestionar os resultados dun xeito cómodo e eficiente.
Opción final escollida
A enquisa feita con Google Docs resolve por completo o noso problema, é de balde e ademais é moi sinxela de crear.
Aínda que xa temos resolto o problema, Google Docs e unha ferramenta tan completa que imos a ver outras posibilidades que nos ofrece como docentes:
O que necesitamos é un método de realizar enquisas sen empregar o papel que nos permita xestionar os resultados dun xeito cómodo e eficiente.
- A primeira opción sería crear unha enquisa empregando . Esta é unha ferramenta web que nos permite crear enquisas online dun xeito moi sinxelo.
Sen rexistrarnos só nos permite crear enquisas para planificar un evento, consisten en votar para elixir a data ou hora dun evento.
Se nos rexistramos (podemos empregar a nosa conta de Gmail) tamén podemos crear enquisas do tipo "faga unha elección".
(Preme na captura para participar na enquisa)
(Preme na captura para participar na enquisa)
As enquisas feitas con Doodle, son útiles para decidir unha cuestión entre varias persoas que non están no mesmo lugar físicamente pero non permiten máis que unha pregunta por enquisa así que non responden a nosa necesidade, nós queremos facer varias preguntas así que necesitamos outra solución.
- Outra alternativa sería empregando . Permítenos crear formularios online, nos cales podemos crear varias preguntas que admitan diferentes tipos de respostas: texto, numéricas, numéricas dentro dun rango, escoller unha opción entre varias,...
O formulario está almacenado en Internet, polo que podemos empregar a súa dirección para acceder e respondelo ou incrustalo no noso sitio web educativo. Podemos decidir que rematou o prazo para responder a enquisa e non aceptar máis respostas. Éstas almacénanse nunha folla de cálculo e poderemos consultalas, e descargalas se queremos.
Opción final escollida
A enquisa feita con Google Docs resolve por completo o noso problema, é de balde e ademais é moi sinxela de crear.
Aínda que xa temos resolto o problema, Google Docs e unha ferramenta tan completa que imos a ver outras posibilidades que nos ofrece como docentes:
- É unha completa suite ofimática dispoñible en Internet coa posibilidade de almacenar os nosos documentos online.
Exemplos de suites ofimáticas tradicionais son Microsoft Word e OpenOffice. Para ilustrar a diferenza de enfoque entre Google Docs e estes programas vexamos o seguinte exemplo.
Problema: "Eu quero crear un documento co procesador de textos na casa, e que os rapaces o modifiquen na aula de informática do centro educativo."
Na Opción2 só necesito conexión a Internet e ter instalado o Navegador. O meu traballo estará dispoñible en calquera equipo con conexión a Internet.
- Opción 1: Suite Ofimática tradicional
Fago o documento na casa onde teño instalado o meu procesador de textos, lévoo o centro educativo nun pendrive.
Para entregarlle o meu arquivo os rapaces terei que copialo en tódolos equipos, ou poñelo nalgún lugar común o que poidan acceder (Carpeta compartida, Sitio web da aula).
Logo teño que recoller tódolos arquivos cos traballos dos rapaces e levalos a casa no pendrive para corrixilos.

- Opción 2: Google Docs
Dende a casa accedo a Internet, en Google Docs emprego o seu editor de textos e creo o documento, queda almacenado na miña conta de Google Docs (en Internet), podo descargalo e facer unha copia de seguridade se quero. O documento ten unha dirección de Internet para acceder a el ou podo enlazalo dende o meu sitio educativo.
No centro educativo dígolle os rapaces de onde poden baixar o meu documento e que o suban a súa conta de Google Docs. No seu Google Docs modifican o documento e compárteno comigo así eu podo acceder e corrixilo.
Na Opción1 teño que ter instalado en tódolos equipos da Aula de informática a mesma versión do procesador de textos que teño na casa para evitar problemas: cambios de formato, non abre o documento porque non recoñece a extensión,... Ademais, se o meu editor de textos é de pago tería que mercar unha licenza por equipo.No centro educativo dígolle os rapaces de onde poden baixar o meu documento e que o suban a súa conta de Google Docs. No seu Google Docs modifican o documento e compárteno comigo así eu podo acceder e corrixilo.
Na Opción2 só necesito conexión a Internet e ter instalado o Navegador. O meu traballo estará dispoñible en calquera equipo con conexión a Internet.
- Facilita a colaboración na creación dos documentos.
Problema: "Teño que crear un documento en colaboración con outros tres mestres."
- Opción 1: Enfoque tradicional
Cada mestre leva unha copia do documento para a casa e traballamos de xeito individual, xuntámonos de vez en cando, copiamos e pegamos e facemos o documento conxunto, pero temos problemas de formato, varios trocamos o mesmo parágrafo,...
- Opción 2: Google Docs
Creo o documento na miña conta de Google Docs e compártoo cos outros compañeiros, deixándolles modificar o documento. A gran diferenza é que neste caso só temos un documento, todos modificamos o mesmo documento online, quedando almacenados que cambios fixo cada un. Para entendelo mellor podes ver o seguinte vídeo.
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM