Elaborando a proposta escollida

Nota: Xusto uns días antes do inicio do curso Google decidiu cambiar o aspecto de Google Sites e Google Docs. Os vídeos amosan o aspecto que tiña antes e como os cambios non son demasiado profundos, deberían ser suficientes para atopar onde están as opcións. Para calquera dúbida empregade o foro.

Imos a crear dende cero un espazo web para a nosa aula de inglés.

  • 01-Creación do noso espazo en Google Sites


Para crear un sitio web en Google Sites empregamos para identificarnos a nosa conta de Gmail. Se non temos unha, é preciso creala previamente.
A creación do sitio consiste en encher un formulario. Temos que escoller:
    • Plantilla: Formato predefinido, temos varios para elixir, pero comezaremos cunha en branco
    • Nome do sitio: Pode ser calquera
    • URL do sitio: É a súa dirección de Internet, o prefixo é común para tódolos sitios, tes que escoller a última parte que será única para o teu sitio.
    • Tema: Combinación de fondo e tipo de letra para o noso sitio. Escollemos o que queiramos.
  • 02-Identificándonos en Google Sites


Temos dous xeitos de traballar en Google Sites:
    • Como usuario autentificado: Como autor do site, podemos modificalo, engadir contidos, etc.
    • Como usuario anónimo: Só podemos ver o contido do site.
Todo usuario que acceda o sitio educativo empregando a súa dirección de Internet (ou URL) será un usuario anónimo ata que se identifique.
  • 03-Creación de contidos:


Google Sites permítenos crear Webs cunha estrutura xerárquica. Ten unha páxina principal que é a que se amosa inicialmente, e unha barra lateral de navegación para facilitar a visita o resto de páxinas que constitúen a nosa Web.
Nesta web de Aula de exemplo, comezamos editando a páxina principal onde creamos os contidos da nosa materia e logo creamos as páxinas correspondentes para cada tema.
Tanto a estrutura como os contidos son só un exemplo.
  • 04-Enlazar páxinas interesantes:


É moi habitual atopar páxinas ou recursos de Internet relacionados coa nosa materia que nos parecen interesantes e que nos gustaría poñer a disposición dos nosos alumnos ordenados por temas.
En cada tema imos a crear unha sección chamada Enlaces Interesantes onde crearemos hipervínculos a este tipo de recursos.
  • 05-Engadir un Vídeo do Youtube:


Neste caso, atopamos un vídeo de youtube que nos parece útil como material de apoio, pero non queremos presentalo como un enlace senón que queremos incrustalo e que se poida visualizar sen abandonar o noso sitio Web.
  • 06-Engadir arquivos que poidan descargar os alumnos


Pode que teñamos material propio (exercicios, documentación, etc) en formato electrónico que queremos que os alumnos poidan descargar.
Para aloxar arquivos temos que crear unha páxina de tipo "Arquivador" na cal podemos crear carpetas, para clasificar os nosos recursos.
Imos crear unha páxina de este tipo por cada tema, así os alumnos terán accesibles na páxina de cada tema os seus documentos correspondentes.
  • 07-Engadir avisos os alumnos


Pode que nos interese ter un lugar onde poñer avisos ou recordatorios os alumnos. Por exemplo, a data dun exame, data límite de entrega dun traballo, etc. Para iso podemos crear unha páxina de novas (No Google Sites chámanlle anuncios) que funciona como un blog. Podemos amosar as novas nunha páxina independente ou en calquera das páxinas do noso sito. Nos imos amosalas na páxina inicial de contidos. Neste vídeo tamén aprenderemos a personalizar a Barra Lateral.
  • 08-Administrar o noso sitio educativo


Ata agora só vimos como engadir contidos pero tamén temos que saber que elementos podemos administrar do noso sitio web.
    • Usuarios: Podemos conceder permisos a determinados usuarios para que poidan modificar o noso sitio, ou que teñan que identificarse para velo.
    • Deseño: Podemos eliminar elementos como a barra de navegación lateral. Podemos cambiar o tema, as cores, tipo de letra, etc.

Nota: Capturas feitas con Logo Capture Fox e editadas con Windows Live Movie Maker

Como resultado de tódolos pasos anteriores construímos a seguinte web educativa. Ten en conta que os seus contidos son só un exemplo.

Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM