Propostas de Solucións
Na procura dunha solución
Teño escoitado falar sobre Blogs, Wikis, etc pero non teño moi claras as súas características nin cal sería a solución máis adecuada para o problema proposto así que vou estudar catro posibles opcións: Un blog de Aula, unha Wiki, unha Aula Virtual, unha páxina Web.
- Un Blog ten unha estrutura de diario, no cal as entradas aparecen ordenadas por data de publicación. É sinxelo de crear pero carece da opción de crear os contidos dun xeito organizado.
Exemplo http://englishforsecondary.blogspot.com/
Se non tes claro o que é un Blog mira o seguinte vídeo
Se non tes claro o que é un Blog mira o seguinte vídeo
- Unha Wiki permite crear unha estrutura xerárquica de páxinas, e o traballo cooperativo, é dicir podemos crear a web entre varios usuarios, controlando que modificacións fai cada un.
Exemplo: http://letsticenglish.wikispaces.com/home
Se non tes claro o que é unha wiki mira o seguinte vídeo
Se non tes claro o que é unha wiki mira o seguinte vídeo
- Unha Aula Virtual permite organizar os contidos dunha clase, xestionar usuarios, poñer apuntes, recibir traballos dos alumnos, crear cuestionarios online. Un exemplo sería a plataforma platega onde estás realizando este curso. Calquera que estea interesado pode crear a súa aula virtual empregando Moodle na web dinámica do seu centro. É a solución máis completa pero tamén é a máis complexa.
- Unha Páxina Web permite organizar os contidos dun xeito xerárquico e colgar arquivos e recursos, pero non permite ningunha das características dos anteriores.
Vantaxes |
Inconvenientes |
|
Blog |
|
|
Wiki |
|
|
Aula Virtual |
|
|
Páxina Web |
|
|
Opción final escollida
Coñecendo as posibilidades e limitacións das opcións anteriores Brais opta por recomendarlle unha aplicación Web 2.0 chamada que reúne as mellores características das opcións anteriores e que lle permite elaborar o seu sitio educativo de xeito sinxelo.
é sinxelo de empregar, está en continua renovación e
é moi versátil xa que se pode empregar como sitio Web, Wiki ou Blog.
Ultime modifiche: lunedì, 21 dicembre 2015, 20:55