Elaborando a proposta escollida

Enquisa situacional ou diagnóstica

Brais vai realizar unha enquisa inicial ao profesorado e ao alumnado do instituto para avaliar o estado inicial de coñecementos, usos e competencia dixital da comunidade educativa para posteriormente deseñar un Plan TIC axustado ás posibilidades e necesidades detectadas. As enquisas podedelas analizar nos seguintes enlaces:


Elaboración do Plan TIC do instituto ( Plan PINTXIL)

Coa información recabada, Brais, dispoñese a realizar un primeiro modelo de Plan de integración das TIC que terá os seguintes apartados:

  1. Análise breve do contexto social e educativo do instituto e nivel de integración das TIC.
  2. Obxectivos a conquerir co desenvolvemento deste Plan cara o centro, o profesorado, o alumnado e a comunidade educativa.
  3. Estrutura organizativa para levalo a cabo.
  4. Infraestruturas e dotacións TIC do centro. Posibilidades e necesidades.
  5. Actividades iniciais a desenvolver para promover a integración das TIC.
  6. Temporalización na implementación do Plan.
  7. Medidas de revisión e avaliación do Plan e da súa posta en práctica.

Nos seguintes enlaces podedes atopar o desenvolvemento do Plan que Brais vai a presentar ao equipo directivo, claustro e comunidade educativa. Brais publicita o Plan TIC en formato web para a comunidade educativa e en formato de presentación para darlle difusión ante o claustro:

Última alteração: segunda-feira, 21 de dezembro de 2015 às 20:55