Elaboración da solución
Elaborando a proposta escollida
Enquisa situacional ou diagnóstica
Brais vai realizar unha enquisa inicial ao profesorado e ao alumnado do instituto para avaliar o estado inicial de coñecementos, usos e competencia dixital da comunidade educativa para posteriormente deseñar un Plan TIC axustado ás posibilidades e necesidades detectadas. As enquisas podedelas analizar nos seguintes enlaces:
Elaboración do Plan TIC do instituto ( Plan PINTXIL)
Coa información recabada, Brais, dispoñese a realizar un primeiro modelo de Plan de integración das TIC que terá os seguintes apartados:
- Análise breve do contexto social e educativo do instituto e nivel de integración das TIC.
- Obxectivos a conquerir co desenvolvemento deste Plan cara o centro, o profesorado, o alumnado e a comunidade educativa.
- Estrutura organizativa para levalo a cabo.
- Infraestruturas e dotacións TIC do centro. Posibilidades e necesidades.
- Actividades iniciais a desenvolver para promover a integración das TIC.
- Temporalización na implementación do Plan.
- Medidas de revisión e avaliación do Plan e da súa posta en práctica.
Nos seguintes enlaces podedes atopar o desenvolvemento do Plan que Brais vai a presentar ao equipo directivo, claustro e comunidade educativa. Brais publicita o Plan TIC en formato web para a comunidade educativa e en formato de presentación para darlle difusión ante o claustro:
- Formato web (realizado en .pdf e subido á plataforma de ISSU)
- Formato presentación (en .pdf )