Requisitos para a realización deste curso:

Para a realización deste curso é imprescindible contar cun ordenador con conexión a Internet e unha conta de Gmail. No tema oito será necesario empregar un ordenador con sistema operativo Windows, preferentemente un portátil. Na liña de promover o software libre, recomendamos a navegación co programa Firefox

Programas e aplicacións utilizados para a elaboración deste curso:

Durante a elaboración dos curso empregamos programas para realizar varias tarefas como: capturas de pantalla, screencast (gravar o que aparece na pantalla), etc. A nosa idea foi empregar diferentes programas para realizar esas tarefas, todos eles de balde (se pode ser software libre), para que coñecerades diferentes alternativas e así os poidades empregar cando realicedes os vosos propios materiais. Lembrade que nos referimos non os programas que tedes que empregar vos para superar o curso, senón os programas que empregamos os titores para a creación destes materiais.

Lembramos que o funcionamento destes programas non é o obxectivo deste curso só os mencionamos para que os coñezades por se os queredes empregar.

Para realizar capturas de pantallas en Windows empregamos a ferramenta Recortes (dispoñible a partir de Windows Vista) ou as combinacións de teclas Alt+Imp Pant

Módulos
Software Empregado
Módulo 1 Capturas feitas coa aplicación gratuíta JingJing
Módulo 2 Capturas feitas con Capture Fox e editadas con Windows Live Movie Maker
Capture Fox é unha exensión do navegador Firefox que só nos permite gravar o que ocorre na ventá do navegador.
Os videos editados foron aloxados no Youtube e enlazados dende alí
Módulo 3 Capturas feitas con Logo Wink
Módulo 4 Programa SlideShare slideshare
Módulo 5 Non se emprega ningún software especial
Módulo 6 Non se emprega ningún software especial
Módulo 7 Capturas feitas coa aplicación gratuíta Jing
Módulo 8 Non se emprega ningún software especial
Módulo 9 Non se emprega ningún software especial. Actividades JClic e en formato SCORM de exemplo.

Conclusións:

  • Programas para facer Screencast:
Wink é máis completo e flexible, permite empregar varios cadros de texto nun fotograma e de diversos tipos e cores. O resultado é un video en formato flash que podemos enlazar directamente, non o necesitamos subir previamente a ningunha páxina.

Modifié le: lundi 21 décembre 2015, 20:55