Materiais elaborados para o curso e licenzas de uso
MATERIAIS DO CURSO E LICENZAS DE USO
Ao longo dos diferentes módulos que compoñen este curso poderedes atopar dous tipoloxías de documentos: os elaborados polos titores con licenza Creative Commons e os extraídos de diversas fontes con referencia expresa da mesma e suxeitos a licenzas libres e propietarias.
- Os materiais do curso para coordinadores e coordinadoras das TIC en centros educativos elaborados por José Luis Rojas Alonso e Juan Antonio Graña Rodríguez poden distribuírse baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial-Compartir Igual 3.0 España License e están subvencionados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Este tipo de licenza permite usar libremente estes materiais citando aos autores, non realizar actividades comerciais con eles, e de realizar modificacións nos mesmos, usar unha licenza igual aos materiais orixinais.
- No curso atoparades diversos documentos non elaborados polos titores que están debidamente atribuídos aos seus autores orixinais.
Modifié le: lundi 21 décembre 2015, 20:55