Obxectivos, contidos, actividades, metodoloxía e criterios de avaliación
Obxectivos, contidos, actividades e criterios de avaliación
Aínda que na guía didáctica do curso atoparedes información máis precisa, adiantamos neste apartado e de xeito breve as liñas directrices do curso:
Obxectivos do curso: Ao remate deste curso preténdese que as persoas participantes sexan quen de:
- Aproveitar os recursos TIC existentes nos centros educativos para ofertar novas propostas metodolóxicas nas ensinanzas e nos aprendizaxes.
- Empregar a potencialidade de Internet como medio didáctico.
- Elaborar pequenas propostas e actividades de aula empregando recursos TIC.
- Coñecer estratexias básicas para a dinamización TIC dos centros educativos e realizar boas prácticas educativas coas TIC.
- Ser capaz de adoptar medidas para a resolución de problemas básicos vinculados aos recursos TIC.
Actividades a desenvolver: En cada módulo haberá unha actividade obrigatoria e unha actividade opcional ,en determinados módulos, que serán resoltas seguindo os pasos marcados en cada módulo. Podedes observar as actividades concretas na táboa axuntada abaixo deste documento.
Criterios de avaliación: O criterio básico e mínimo para superar o curso e acadar a certificación é superar de xeito positivo as actividades obrigatorias de cada módulo. Ao remate do curso hai que ter avaliadas positivamente 8 das 9 actividades propostas. Os participantes, trala elaboración da actividade, poderán observar no seu perfil a nota de avaliación positiva (APTO) ou avaliación negativa (NON APTO) das tarefas realizadas.
Os módulos (agás o número 9) teñen a mesma estrutura:
Cada módulo ten unha actividade obrigatoria e unha posible actividade opcional e existe un foro de axuda para a realización das mesmas.
Finalmente hai un apartado "Saber máis" con referencias sobre os contidos do módulo. Os participantes deben ler os documentos destos apartados e realizar a actividade obrigatoria proposta, que será revisada, posteriormente, polos titores.
Resúmense a continuación as diferentes etapas (módulos) da vosa viaxe neste curso. O "tren TIC" realizará as seguintes paradas:
Estación do Plan TIC de centro - Módulo 1- |
Estación de integración TIC nos centros - Módulo 2- | Estación Web 2.0 - Módulo 3- |
Estación Abalar- Escuela 2.0 - Módulo 4- |
No primeiro módulo partiremos avaliaremos a integración das TIC no noso centro e realizaremos unha detección de necesidades e posiblidades co obxecto de deseñar/valorar un Plan TIC viable e realista e delimitar as funcións básicas dunha dinamización TIC en centros educativos. Actividade obrigatoria: avaliar o Plan TIC deseñado por Brais Actividade opcional: Wiki colaborativa para comentar o nivel de integración TIC nos nosos centros. |
No segundo módulo concretaremos propostas didácticas curriculares utilizando diversos recursos TIC. Analizaremos propostas de boas prácticas, reflexionaremos sobre cómo impulsar propostas, actividades nos nosos centros e realizaremos unha tarefa ( website de Google ) para centralizar os recursos e propostas. Actividade obrigatoria: elaboración dunha web en Google Sites para a dinamización dunha área curricular. |
No terceiro módulo Actividade obrigatoria: creación dunha enquisa utilizando os cuestionarios de Google Docs para a xestión de aula. |
No cuarto módulo solucionaremos tarefas relacionadas coas funcións das persoas coordinadoras de centros Abalar, aínda que é extensible ás funcións de todo coordinador TIC. Actividade obrigatoria: Elaboración dun plan de acollida do Plan Abalar Actividade opcional: rexistrarse nunha rede social educativa. |
Estación da creación, utilización e difusión de materiais educativos - Módulo 5 - |
Estación de competencia TIC na busca e selección de recursos - Módulo 6 - | Estación da infraestrutura de rede da Consellería de Educación - Módulo 7 - |
Estación taller TIC - Módulo 8 - |
No quinto módulo investigaremos sobre a utilización de recursos educativos de Internet, a propiedade intelectual, as licenzas de publicación, o dereito de cita en educación, etcétera. Actividade obrigatoria: Coñecer como respetar os dereitos de autor dos recursos que atope en Internet e empregue nos meus materiais. Aplicar unha licenza os meus materias. Exemplo: Creative Commons. |
No sexto módulo imos a buscar, seleccionar recursos educativos e multimedia nos distintos portais educativos, aprendendo a catalogar e clasificar a gran cantidade de recursos dispoñibles na rede mediante utilidades como Delicious. Actividade obrigatoria: Empregar Delicious para catalogar e compartir recursos interesantes. Actividade opcional: avaliar a idoneidade didáctica dun recurso ou páxina web. |
Neste sétimo módulo achegarémonos ao coñecemento básico da rede informática da Consellería de Educación e os protocolos para a solución de incidencias. Actividade obrigatoria: solventar un caso práctico dunha incidencia na rede. |
No oitavo módulo tentaremos solucionar problemas básicos de conectividade e hardware referidos ás funcións dun coordinador TIC e Abalar e cómo respostar de xeito efectivo ante os problemas máis comúns. Actividade obrigatoria: solucionar un problema no rendimento dos equipos portátiles asociados ao centro. |
Proxecto final do curso - Módulo 9 - |
Neste módulo deseñaremos a planificación da integración dunha actividade TIC na programación de área ou materia. O obxectivo é normalizar a incorporación de actividades e ferramentas TIC ao proceso de ensino e aprendizaxe, tendo constancia documental nas nosas programacións. |