Obxectivos, contidos, actividades e criterios de avaliación

Aínda que na guía didáctica do curso atoparedes información máis precisa, adiantamos neste apartado e de xeito breve as liñas directrices do curso:

Obxectivos do curso: Ao remate deste curso preténdese que as persoas participantes sexan quen de:

    • Aproveitar os recursos TIC existentes nos centros educativos para ofertar novas propostas metodolóxicas nas ensinanzas e nos aprendizaxes.
    • Empregar a potencialidade de Internet como medio didáctico.
    • Elaborar pequenas propostas e actividades de aula empregando recursos TIC.
    • Coñecer estratexias básicas para a dinamización TIC dos centros educativos e realizar boas prácticas educativas coas TIC.
    • Ser capaz de adoptar medidas para a resolución de problemas básicos vinculados aos recursos TIC.

Módulos de contidos: Abaixo deste documento poderedes observar unha táboa resumen cos módulos de contidos do curso.

Actividades a desenvolver
:
En cada módulo haberá unha actividade obrigatoria e unha actividade opcional ,en determinados módulos, que serán resoltas seguindo os pasos marcados en cada módulo. Podedes observar as actividades concretas na táboa axuntada abaixo deste documento.

Criterios de avaliación: O criterio básico e mínimo para superar o curso e acadar a certificación é superar de xeito positivo as actividades obrigatorias de cada módulo. Ao remate do curso hai que ter avaliadas positivamente 8 das 9 actividades propostas. Os participantes, trala elaboración da actividade, poderán observar no seu perfil a nota de avaliación positiva (APTO) ou avaliación negativa (NON APTO) das tarefas realizadas.

Metodoloxía do curso: O curso está estruturado en nove módulos formativos. Nos oito primeiros establécese unha situación problema referida á dinamización TIC que Brais (coordinador TIC) ten que resolver e, posteriormente, os participantes no curso levar a cabo unha actividade derivada da súa intervención. No derradeiro módulo establécese unha proposta de traballo integrado.
Os módulos (agás o número 9) teñen a mesma estrutura:

Cada módulo ten unha actividade obrigatoria e unha posible actividade opcional e existe un foro de axuda para a realización das mesmas.
Finalmente hai un apartado "Saber máis" con referencias sobre os contidos do módulo. Os participantes deben ler os documentos destos apartados e realizar a actividade obrigatoria proposta, que será revisada, posteriormente, polos titores.

Resúmense a continuación as diferentes etapas (módulos) da vosa viaxe neste curso. O "tren TIC" realizará as seguintes paradas:

Tren_TIC

Estación do Plan TIC de centro - Módulo 1-
Estación de integración TIC nos centros - Módulo 2- Estación Web 2.0 - Módulo 3-
Estación Abalar- Escuela 2.0 - Módulo 4-

No primeiro módulo partiremos avaliaremos a integración das TIC no noso centro e realizaremos unha detección de necesidades e posiblidades co obxecto de deseñar/valorar un Plan TIC viable e realista e delimitar as funcións básicas dunha dinamización TIC en centros educativos.

Actividade obrigatoria: avaliar o Plan TIC deseñado por Brais

Actividade opcional: Wiki colaborativa para comentar o nivel de integración TIC nos nosos centros.

No segundo módulo concretaremos propostas didácticas curriculares utilizando diversos recursos TIC. Analizaremos propostas de boas prácticas, reflexionaremos sobre cómo impulsar propostas, actividades nos nosos centros e realizaremos unha tarefa ( website de Google ) para centralizar os recursos e propostas.

Actividade obrigatoria: elaboración dunha web en Google Sites para a dinamización dunha área curricular.

No terceiro módulo
deseñaremos actividades TIC para o desenvolvemento curricular aproveitando o potencial de ferramentas como Google Docs.

Actividade obrigatoria: creación dunha enquisa utilizando os cuestionarios de Google Docs para a xestión de aula.


No cuarto módulo solucionaremos tarefas relacionadas coas funcións das persoas coordinadoras de centros Abalar, aínda que é extensible ás funcións de todo coordinador TIC.

Actividade obrigatoria: Elaboración dun plan de acollida do Plan Abalar

Actividade opcional: rexistrarse nunha rede social educativa.


Estación da creación, utilización e difusión de materiais educativos - Módulo 5 -
Estación de competencia TIC na busca e selección de recursos - Módulo 6 - Estación da infraestrutura de rede da Consellería de Educación - Módulo 7 -
Estación taller TIC - Módulo 8 -

No quinto módulo investigaremos sobre a utilización de recursos educativos de Internet, a propiedade intelectual, as licenzas de publicación, o dereito de cita en educación, etcétera.

Actividade obrigatoria: Coñecer como respetar os dereitos de autor dos recursos que atope en Internet e empregue nos meus materiais. Aplicar unha licenza os meus materias. Exemplo: Creative Commons.

No sexto módulo imos a buscar, seleccionar recursos educativos e multimedia nos distintos portais educativos, aprendendo a catalogar e clasificar a gran cantidade de recursos dispoñibles na rede mediante utilidades como Delicious.

Actividade obrigatoria: Empregar Delicious para catalogar e compartir recursos interesantes.

Actividade opcional: avaliar a idoneidade didáctica dun recurso ou páxina web.


Neste sétimo módulo achegarémonos ao coñecemento básico da rede informática da Consellería de Educación e os protocolos para a solución de incidencias.

Actividade obrigatoria: solventar un caso práctico dunha incidencia na rede.


No oitavo módulo tentaremos solucionar problemas básicos de conectividade e hardware referidos ás funcións dun coordinador TIC e Abalar e cómo respostar de xeito efectivo ante os problemas máis comúns.
Actividade obrigatoria: solucionar un problema no rendimento dos equipos portátiles asociados ao centro.

Proxecto final do curso - Módulo 9 -

Neste módulo deseñaremos a planificación da integración dunha actividade TIC na programación de área ou materia. O obxectivo é normalizar a incorporación de actividades e ferramentas TIC ao proceso de ensino e aprendizaxe, tendo constancia documental nas nosas programacións.
Last modified: Monday, 21 December 2015, 8:55 PM