Interface dos cursos moodle


O entrar no noso curso, atopamos unha xanela similar a esta:

interface



Ao entrar no curso veremos tres columnas con diferentes bloques de información, que pasamos a describir:

  1. Bloque de persoas: premendo sobre Participantes poderemos ver a lista de usuarios que están participando neste curso, calquera que sexa o seu papel no mesmo (profesores, alumnos...). Unha vez neste apartado deste participantes poderemos realizar filtros para afinar na busca dalgunha persoa en concreto.
  2. Actividades: neste bloque irán aparecendo enlaces aos diferentes tipos de actividades que realicemos no curso. Inicialmente so aparece un enlace a Foros, xa que cada vez que creamos un novo curso automaticamente se creará un Foro de novas (ver bloque 5).
  3. Busca nos foros. Bloque cun buscador de mensaxes nos diferentes foros.
  4. Administración. Este bloque é fundamental xa que é onde se presentan as diferentes ferramentas que nos permitirán administrar o curso na súa totalidade.
  5. Bloque central. Nesta sección central (principal) será onde se presenten os diferentes recursos e actvidades que creemos no curso. Inicialmente en calquera curso creado aparecerá unha actividade automaticamente consistente nun Foro de novas. Temos que pensar que o Moodle é unha ferramenta cun perfil constructivista e por iso se considera fundamental o uso dos foros para a comunicación entre profesorado-alumnado, alumnado-profesorado, alumnado-alumnado. No exemplo que aparece a continuación pódese observar como o curso creado está subdividido en 10 apartados correspondentes a 10 semanas (configuración por defecto), xa que no momento de crealo no módulo anterior non variamos esta configuración. Enseguida veremos en qué consiste e como modificalo para adaptalo as nosas preferencias e necesidades.
  6. Últimas noticias: aquí irán aparecendo as últimas noticias publicadas no curso.
  7. Próximos eventos: amosarnase os eventos que estén próximos segundo os teñamos establecidos na súa temporalización (por exemplo, unha entrega dunha tarefa).
  8. Actividade recente: aparecen as últimas modificacións ou aportacións realizadas no curso, o máis novedoso.

Pódese apreciar como esta distribución está pensada para que a información que se amosa na parte esquerda está máis pensada para realizar actuacións sobre o curso, mentres que a presentada na marxe dereita está enfocada cara a manter informados aos participantes. En calquera caso, o administrador, creador ou profesor do curso poderá variar esta distribución así como ocultar estes bloques ou amosar outros dispoñibles, como veremos.
Última alteração: segunda-feira, 21 de dezembro de 2015 às 20:55