O obxectivo do proxecto SBLENDID é que teñamos unha visión consensuada das características do ensino semipresencial de linguas así como da formación aparellada para levármolo a cabo.

Con ese fin, neste primeiro ano, ao fío da formación recibida dentro do marco do proxecto (curso de NILE) e do seminario (webinarios), traballaremos en pequenos subgrupos para crear 10 produtos concretos. 

Tentarase que o traballo estea equilibrado para todos os subgrupos que, desexablemente, estarán compostos por unhas 6 persoas. En todo caso, trátase de elaborar PROTOTIPOS que logo podemos ir perfilando máis e máis segundo vaiamos aprendendo no proxecto.

Tres destes produtos son de carácter máis global:

1. Grella de observación para cando poidamos levar a cabo a segunda parte do proxecto de observación de institucións europeas que imparten cursos semipresenciais. Liderará este proceso a EOI de Pontevedra, dada a súa experiencia e traballo previo neste ámbito.

2. Itinerario de formación para todas as persoas docentes que queiran iniciarse nesta modalidade. Trátase de pensar en que actividades (tanto dentro do PFPP como alleas) cómpren para desenvolver as habilidades necesarias para abordar o ensino semipresencial. Liderará o CAFI dadas as súas competencias.

3. Características do docente de semipresencial.

A maiores, ligadas aos roles específicos que asumimos como docentes, tamén podemos abordar os seguintes prototipos:

4. Modelo de clase semipresencial integrando a parte online-offline e síncrona-asíncrona.

5. Compendio de recursos e ferramentas dixitais. Tere, Laura e Fer compartiron xa ferramentas, e seguro que no curso de NILE tamén aprenderemos doutras. A idea é ir probando e seleccionando para facilitarlle aos demais compañeiros/as unha batería de recursos e apps de calidade. Xa hai bastante traballo feito dentro do marco dos cursos de ensino mixto, nomeadamente:

Do Grupo de adultos :

Carla Dechant, profesora de EOI Santiago

María Fernández, profesora de EOI Pontevedra

Do Grupo de secundaria – Óscar Rodríguez García

https://es.calameo.com/accounts/6367053

Do Grupo de atención á diversidade – David González Gándara

https://view.genial.ly/5e9aa4aab65e370dac6aa4e9

Alicia Eizaguirre tamén atopou este marabilloso compendio de Luis Dávila (non o famoso viñetista, este é Davila) que ademais ten o engadido de incluír os modelos de integración das TIC:

https://view.genial.ly/5f94c2ae958ac80d67990fa1/dossier-guia-de-herramientas-tic


6. Vídeo-presentación para dar a benvida ao alumnado a cada curso. Desde a EOI de Coruña propoñen gravalo con Chroma e facelo en galego para que logo se adapte/personalice.


7. Protocolo de acompañamento do alumnado. 

8. Contrato de aprendizaxe

9. Consellos para ter éxito no ensino semipresencial (dirixidos ao alumnado).

10. Documento de supervivencia en Moodle. Para profesorado: Como sacar partido a Moodle facendo uso das tarefas básicas na plataforma.



Last modified: Sunday, 20 December 2020, 11:17 AM