Presentación do tema

Como diría o grande mestre:“A canción improvisada debe comprenderse conceptualizándoa como un proceso e non como un produto” (Alexis Díaz-Pimienta, 2000)

O nexo de unión dos cinco bloques de contidos foi tentar facilitar un achegamento holístico ao proceso de achegamento á improvisación oral e en verso. Tentar aportar suxerencias e recursos para que cada persoa poda crear uns contidos acaídos ás súas aulas. En definitiva, construir entre todas e todos un novo camiño de formación para o alumnado e profesorado que se adentre nesta apaixoada aventura de improvisar.


Obxectivos

Competencias profesionais docentes e Obxectivos para estas dúas semanas seguindo o modelo competencial da Rede de Formación:

        • Competencia: Dentro das Competencias Xenéricas de Perfil tentaremos achegarnos á de Educador/a guía no proceso de aprendizaxe, Investigador/a e innovador/a, Especialista na materia, Comunicador/a en lingua materna e Competente en TIC

        • Obxectivos: Valorar as posibilidades que ten a improvisación oral en verso como canalizador competencial. Aproveitar a experiencia colaborativa para construír entre todas e todos ferramentas que permitan mellorar as nosas competencias como docentes. 



Paquete de contidos HTML    Neste paquete poderedes atopar:

  • Un Foro para compartir dúbidas, ideas, aportacions, suxestións e calquera aspecto relacionado co Proxecto Final. 
  • Un texto explicativo do Proxecto Final, onde se especifican os aspectos a ter en conta para a realización desta última tarefa.
  • Un Foro de Despedida, onde, esperamos, nos despediremos cun até logo mellor que cun adeus.

Última modificación: domingo, 19 de febreiro de 2017, 12:55 AM