É transformador o noso traballo como docentes? As nosas intervencións axudan a mudar a sociedade?

 

O Proxecto Regueifesta é un proxecto para mudar o mundo. Os docentes implicados neste Proxeto cremos que non só é posíbel transformar a realidade desde a nosa función docente senón que é inevitábel. Fagamos o que fagamos, somos axentes de transformación. Para transmitir excepticismo e frustración, cansanzo, desconfianza ou pesimismo. Ou para transmitir valores proactivos e de confianza. No Proxeto Regueifesta pensamos que o que estamos a facer dentro e fora das aulas non só é necesario senón que é imprescindíbel.

 

O traballo coa infancia e a adolescencia é fascinante. Nós mesmos, nós mesmas, fomos xente nova e, de algum xeito, seguimos a ser xente xoven proxectándonos no noso alumnado.

 

Como docentes gostamos de facilitar aprendizaxes de moi diferente tipo. E a formación do alunado para desenvolver experiencias a partir de procesos de transformación social pode ser moi satisfactorio.

 

Pensamos que a aula debe abrirse á sociedade e a sociedade á aula. Escola e sociedade non deben ser dúas cousas diferentes. Pensamos que hai traballo persoal e que o traballo coletivo desenvolve unha potencia que multiplica esponencialmente o esforzo individual.

 

O Proxecto Regueifesta quere producir mudanzas no noso alumnado, e en nós mesmas. Porque facilitarmos que o noso alumnado -e nós-  protagonice activamente, participe, sexa motor, desenvolva enerxía que cree algo novo, -unha emoción, unha seguridade persoal, unha habilidade, unha mudanza social- , debería ser o obxectivo de calquer docente.

 

Mas, é isto posíbel? Pensas que o noso traballo produce mudanzas? Pode o profesorado mudar o mundo? Abramos este debate no foro. Si? Non? Depende?
Cóntanos a túa mellor experiencia. Cóntanos un momento de frustración. Todas as persoas temos momentos de pesimismo e optimismo. E todos coñecemos profesorado “queimado”. Mais todos e todas sabemos que o noso traballo pode prender faíscas e que as faíscas prenden lume. Falemos e debatamos. 
Última alteração: segunda-feira, 20 de fevereiro de 2017 às 21:44