Todo terreo: organizacións e espazos escénicos
O repente galego ten un compoñente teatral fundamental. Posta en escena, dramatización ou desenvolvemento de personaxes son conceptos que utilizamos habitualmente nas presentacións diante dun público.
.
E diante do público que formas de improvisación podemos presentar? E en que espazos se desenvolve o repente galego? E que parte pode ter de representación teatral ou creación ficticia de personaxes e que parte de realidade? Neste tema traballaremos sobre estas cuestións.
.
No repente galego estamos a vivir un momento histórico onde a tradición e a experimentación conviven de mans dadas.
.
Para comezar podemos coñecer diferentes formas de presentación en público do improviso galego, desde as máis tradicionais ás máis innovadoras. É importante que olles estes vídeos para poder realizar as Tarefas deste tema e o Proxecto Final do curso.
.
Por número de repentistas:
-
Parella: Pinto de Herbón e Luís o Caruncho:
-
Tres: Trío Liro: Luís o Caruncho, Josinho da Teixeira. Benito Lobariñas: aquí.
-
Catro: Nunha controversia de dúas regueifeiras -Nuria das Cruces e Marco Pedreira- contra outras dúas -Noa de Capón e Byronzinho-, defendendo posturas contrarias sobre o profesorado:
. -
Cinco: Neste vídeo podedes ver cinco improvisadoras colaborando para construír unha historia. De esquerda a dereita, Alba Maria presenta e dinamiza unha historia protagonizada por Mickey Mouse, representado por Esther Porrit, dúas centolas, cuxos papeis desenvolven Sara Marchena e Lupe Blanco, e Frida Kahlo, interpretada por Marisa Otero, á dereita do grupo de cinco:
. -
Seis: Por exemplo, nunha regueifa no centro veciñal de Borneiro, en Bergatiños:
-
Individual: Alba Maria pediu ao público que escribisen palabras a partir das que improvisa, acompañada coa guitarra. Lara do Ar vaille dicindo as palabras que escribiu anteriormente o público e Alba Maria constrúe a súa improvisación:
Por tipos de espazos:
.
-
Taberna: Na “Foliada regueifeira” do Encontro de Mulleres Repentistas:
-
Escola: Luís o Caruncho e Pinto de Herbón no colexio do Pombal:
Para presentar un libro dun escritor:
í -
Escenario: Pinto de Herbón e Xairo de Herbón no auditorio de Valadares:
-
No remolque dun tractor: Nunha presentación da regueifa para alumnado do colexio das Cruces, por parte de alumnado e profesorado do instituto:
. -
Na rúa: Alba María e Luís o Caruncho, no mercado de Salgueiriños, en Compostela, con espontáneo incluído: aquí.
.
.
Os encontros escolares:
.
Vamos agora coñecer modelos de encontros de repentismo sobre escenario no ámbito escolar. Interésanos analisar a organización das probas, as funcións a desenvolver polas rapazas e rapaces que improvisan, tendo en conta sempre o público.
O máis importante disto é saber que estamos nun momento de experimentación, polo que a evolución do repente galego debe actualizarse continuamente, probando novos formatos, retos e experiencias. Aprendemos dos erros, avanzamos aventurándonos.
.
1. O Certame Escolar de Valadares
.
Miguel Doiro, profesor no IES San Tomé,-ex-profesor de Alba María ou Sara Marchena-, nunha entrevista realizada pola alumna de RIOV Paula Vidal Vidueiros, explica como é o Certame de Valadares:
.
"- Explíqueme un pouco en que consiste o Certame Escolar de Regueifa de Valadares?
O Certame de regueifa de Valadares é un certame apadriñado polo Servizo de Normalización do Excmo. Concello de Vigo ó que son invitados os centros da cidade e arrededores que queiran participar. O transporte corre tamén a cargo do Concello de Vigo. Nestas dúas últimas edicións incorpóranse tamén algúns centro de fóra. Nun auditorio con capacidade para 700 persoas, actúan sobre 120 alumnos e alunmas, que baixo a “batuta” dos mestres de cirimonia Pinto d’Herbón e Luís Caruncho van constituído grupos de 10 ou 12 regueifeiros que van actuando de modo que na primeira quenda realizan unha regueifa de presentación, despois unha regueifa con verso de arranque, despois con rima dada, outra con tres palabras obligatorias e, por último, de pé forzado. As eliminatorias deixan no escenario sobre 20 alumnos. O centro que máis alumnos mete nestas finais resulta o vencedor da edición. Como colofón final, o catro mellores regueifeiros (a xuízo do xurado) fan unha exhibición final con todas as modalidades anteriores. É moi interesante. O público goza do espectáculo e anima os seus representantes con berros, pancartas, instrumentos, etc.
- Cantas probas se lle exixen aos concursantes?
Unha regueifa de presentación; unha regueifa con verso de arranque, unha regueifa con rima dada. No caso dos 20 finalistas amplíase (dependendo do ano, pois hai variacións), as probas: con palabras dadas e con pé forzado (último verso, o que forza a rima do 2º). As veces, algunhas modalidades (as máis dificultosas) só se realizan na rolda dos catro superfinalistas, a modo exhibición.
- Teño escoitado que case todos os anos gañades -O IES San Tomés- o Certame de Valadares. Tedes algún truco?
En realidade incorporámonos á 4ª edición a modo de proba cando comezamos a actividade no centro e daquela tivemos moi bo resultados. Só acudiron alumno de 2º de bacharelato e algún de 1º de bacharelato. Non saímos gañadores, pero Alba María chegou a gran final e foi de logo a mellor. En anos sucesivos incorporamos xente moi nova (e moi boa) que ó longo dos seguintes 4 certames fixo que gañásemos todos ata este VIII con moita autoridade. Non hai truco, só ganas de facer as cousas e ensaiar (no centro, pola rúa, cos amigos, na ducha, na praia…) Hai algunhas indicacións que poden resultar prácticas e sobre todo as que se debe traballar:dar preferencia á melodía e ir “enchendo” de palabras cada nota, buscar rimas que dean moito xogo (-eiro/a, infinitivos, participios, etc), pero pouco máis. Logo está o imponderable da imaxinación de cada participante, o seu talento persoal. A este respecto quero significar que, grazas á facilidade para regueifar de algún alumno de rendemento académico nefasto, medrou nel a autoestima e descubrir que todos temos algunha habilidade gardada e que decoñecemo. É reconfortante."
.
Aquí podes ollar un vídeo con fragmentos do Certame de Valadares:
.
.
2. Os modelos do Certame de Repente das Cruces, Regueifesta e Regueibertso:
.
2.1. Nas Cruces sobe ao escenario o alumnado do IES Marco do Camballón que improvisa en verso. A diferencia de Valadares, onde as probas son exercicios individuais e sen controversia, nas Cruces o alumnado constrúe as coplas con máis autonomía, dialoga entre si e chega a baixar e improvisar entre o público.
Por exemplo, no Certame de 2015 subiron ao escenario dezaseis repentistas. A primeira fase consistiu nunha presentación, crear unha copla a partir de dúas palabras rima e construír outra copla con pé forzado. Estas probas, na liña de Valadares, facilitan a participación do alumnado que se está a iniciar no repente. Son exercicios moi útilies para ter e primeira experiencia sobre o escenario.
Máis adiante, nas Cruces hai unha proba de controversia entre dous grupos, un pique a partir dun tema con dous polos contrarios, por exemplo, neste vídeo:
Aproveitando que veu o grupo Malandromeda ao Festival de Fin de Curso 2015-2016, houbo unha improvisación co rapeiro Hevy, con bases electrónicas:
O alumnado de RIOV, nunha visita á Escola de idiomas de Vilagarcía introduciu un formato moi dinámico: contar unha historia improvisada entre varias repentistas. É dicir, narrar unha historia en verso.
.
2.2. En Euskal Herria, dentro do Projeto Regueibertso, que une regueifa con bertsolarismo, aquí podedes ver dous vídeos:
- Nunhas festas locais, en Zeanuri, no palco da festa, na praza da vila, a improvisar con bertsolaris:
- No auditorio de Igorre, con bertsolaris: aquí.
.
2.3. Na primeira edición da Regueifesta, en Compostela, a improvisación acompañouse coa música do alumnado do IES Antón Fraguas. Improvisan regueifeiras e bertsolaris: