Tradicionalmente o texto escrito presenta maior coidado formal que o texto oral, mesmo o traballo educativo insiste habitualmente máis na correción con actividades sobre o papel que na correción en actividades orais.

 

O noso alumnado está máis habituado, polo xeral, a identificar expresion escrita con formalidade e activa o detector de desvios da norma e sobre o papel filtra con maior eficacia castelanismos, vulgarismos ou expresións sexistas...

 

Mais que sucede coa oralidade? Á hora de crear textos orais espontáneos da vida cotiá, -das conversais máis formais ás máis informais- percebemos menos coidado de lingua. Mesmo nos textos musicais cos que traballamos habitualmente nas aulas observamos diferentes niveis de aceptación das interferencias do castelán, por exemplo.

 

Temos modelos moi variados, desde a reprodución da lingua popular máis contaminada polas interferencias do castelán, como o Leo ou Dios ke te Crew, até artistas que se expresam nos seus temas com naturalidade sem castelanismos, cunha lingua moi coidada, como as cancións de Caxade, por exemplo.

 

Pode-se argumentar que a corrección língüística pode estar ao servizo da adecuación ao momento, a intención comunicativa, ou que depende de factores sociolingüísticos... Mais nós pensamos que, aínda así, a nosa lingua precisa liberarse de castelanismos ou de expresións sexistas na linguaxe, por exemplo. Corrección lingüística e educación en valores non sexistas nin homófobos son os dous eixos centrais deste Proxecto de actualización do repentismo na Galiza, desde o punto de vista sociolingüístico.

.

Vamos popoñerte unha reflexión. 

Deixámosche unhas imaxes dun debate aberto no facebook sobre o coidado da lingua nun programa da Televisión da Galiza. Como vedes, no tema da lingua botamos moito a lingua a pacer. 

 

debate lingua 1

debate lingua 3

debate lingua 4

debate lingua 5

debate lingua 7

debate lingua 8

debate lingua 9

debate lingua 10

 

E nós que pensamos ante deste tema? Afortunadamente temos mestres. 

 

O narrador oral Quico Cadaval é un exemplo de que se pode conectar co público facendo uso dunha lingua libre de castelanismos, facendo un uso consciente, espontáneo, dunha lingua máis patrimonial, de maior cualidade e eficacia.

 

Olla o vídeo que gravamos con Quico Cadaval para este proxecto, a reflexionar sobre lingua, expresividade e chaccarraschás : 

  

E un vídeo de Cadaval onde podes fixarte no seu modelo de lingua: 

O movimento do novo repente galego identifícase cunha maior procupación formal, en moitos sentidos. Hai unha expectativa artística de carácter máis lírico, unha construción literaria máis formalista, unha vontade de formación consciente de valores sociais e un maior coidado por expresarse nun galego máis patrimonial, sem castelanismos.

A nosa vontade, como docentes non é representar a realidade, senón mudala através da educación e a cultura. Porque queremos unha sociedade mellor.

.

Reflexiona sobre o modelo lingüístico da oralidade de Cadaval, compárao con outros modelos lingüísticos orais que coñezas -por exemplo, de humoristas con menor preocupación formal da TVG- e comparte as túas opinións no foro deste bloque. Podemos crear unha regueifa, un repente galego, libre de castelanismos?

Como podemos facelo?

Last modified: Sunday, 19 February 2017, 12:01 PM