Jon Sarasua, un dos principais bertsolaris na historia da canción improvisada en Euskal Herria, e ideólogo do proceso de revitalización do euskera, cóntanos neste vídeo, -no seu e no noso idioma-,  algo que nos sorprendeu: podemos gozar, fisicamente, ao usar a lingua cando cantamos de repente. Podemos chegar a sentir pracer coa comunicación oral en verso improvisada.

O video,

Na Galiza vivimos nun contexto social onde o uso da lingua está habitualmente identificado co sufrimento e a represión, desde un punto de vista sociolingüístico, a causa dun conflito político que orixina perda de falantes e cualidade do idioma e tensións sociais e persoais. Neste vídeo Jon Sarasua móstranos a capacidade que ten o repentismo para facernos experimentar unha dimensión da lingua ligada ao gozar, á satisfacción, mesmo ao pracer físico de estar a usar a lingua -ese músculo- nunha actividade lúdica que nos pode situar en estados de entusiasmo, exaltación, xúbilo e é, ao mesmo tempo, un pracer delicioso.

Esta dimensión lúdica do repentismo pode ser clave para explicar a súa pervivencia na nosa especie, desde un punto de vista antropolóxico, até o século XXI. E un factor que temos que ter en conta para a súa revitalización entre as novas xeracións.

Última modificación: martes, 14 de febrero de 2017, 22:06