Folla de ruta - "Historia e actualidade da improvisación oral en verso"

.

Presentación do tema


Estas dúas semanas aprenderemos que a improvisación oral en verso é unha expresión comunicativa da nosa especie que se manifesta de forma semellante nos diversos pobos e culturas do mundo. Faremos un percorrido polos territorios onde se está a traballar o repentismo como intrumento de desenvolvemento educativo con especial atención sobre os países lusófonos, Cuba e Euskal Herria. Ademais, coñeceremos un pouco de historia e actualidade do repente galego. Ah!, e coñeceremos algo de estilo libre e RAP!


Obxectivos

As competencias profesionais docentes e obxectivos para estas dúas semanas seguindo o modelo competencial da Rede de Formación son:

Competencia: Dentro das Competencias Xenéricas de Perfil tentaremos achegarnos á de Referente da comunidade educativa, impulsando que o profesorado promova con esta formación valores de convivencia, compromiso persoal e ético. Ademais: Educador/a guía no proceso de aprendizaxe, Investigador/a e innovador/a, Especialista na materia, Comunicador/a en lingua materna e Competente en TIC.

Ademais, neste tema desenvolveremos subcompetencias en destrezas comunicativas verbais.

Obxectivos: Valorar as posibilidades que ten a improvisación oral en verso como canalizador competencial. Reflexionar sobre a dimensión comunicativa do repente galego especialmente no que ten a ver con valores éticos da comunicacion e corrección lingüística.

.

    No Foro "Repentismo, educación e política" podemos intercambiar ideas e, se xorde, debatir coas compañeiras e compañeiros sobre o improviso na educación como espazo para o pensamento e a acción política.

Ademais, evidentemente, o Foro funciona como espazo para partillar dúbidas e calquera outro aspecto de interese.

 .

análise dos coñecementos previos Análise dos coñecementos previos

Analizaremos os nosos precoñecementos através dun cuestionario de autoavaliación. Nesta avaliación inicial anticiparemos os temas clave deste bloque. 

 fontes de información    Info

Neste paquete poderedes atopar información sobre dous aspectos de interese: un vídeo do repentista e ideólogo vasco Jon Sarasua sobre o sentido da vida do repente e unha pequena introdución ao RAP improvisado.

Actividades  Actividades

Estas son unha serie de actividades que non computan para a cualificación final, pero necesarias para saber realizar as Tarefas obrigatorias que si computan para a cualificación.

  • Historia e actualidade do repente no mundo
  • Quen é quen no repente galego.
  • Neurociencia das rimas improvisadas.
  • Inimigo público, onde se ofrece un texto de Chuck D, do grupo Public Enemy sobre o que reflexionar.
  • Pescudamos, onde se explica a importancia da investigación no noso ámbito.

Icona de avaliación das tarefas

Avaliaremos e cualificaremos este bloque con:

  •    Dúas Tarefas que deberás entregar en arquivo adxunto. estas dúas tarefas son unha actividade de análise a partir dun vídeo sobre o repente vasco e unha actividade de investigación e redacción sobre o movemento do repente galego actual.
Last modified: Wednesday, 15 February 2017, 9:53 PM