Folla de ruta - "Comunicación Musical"

Presentación do tema

Estas dúas semanas tentaremos facer un percorrido audiovisual sobre as diferentes persoas que mantiveron viva a tradición do canto improvisado no noso país. Tentaremos realizar un pequeno análise musical sobre as diferentes melodías empregadas e buscaremos en diversos Cancioneiros as orixes de ditos cantares. Entraremos no Arquivo Sonoro do Museo do Pobo Galego (APOI) para rebuscar nos arquivos cedidos por Dorothé Shubart. Partillaremos propostas didácticas para traballar a improvisación oral en verso. Aplicaremos as novas tecnoloxías para gravar e editar audio con programas de edicións de software libre. Buscaremos información sobre a danza e a regueifa e participaremos nos foros de debate.


Obxectivos

Competencias profesionais docentes e Obxectivos para estas dúas semanas seguindo o modelo competencial da Rede de Formación:

Competencia: Dentro das Competencias Xenéricas de Perfil tentaremos achegarnos á de Educador/a guía no proceso de aprendizaxe, Investigador/a e innovador/a, Especialista na materia, Comunicador/a en lingua materna e Competente en TIC

Obxectivos: Valorar as posibilidades que ten a improvisación oral en verso como canalizador competencial. Aproveitar a experiencia colaborativa para construír entre todas e todos ferramentas que permitan mellorar as nosas competencias como docentes. 


Análise dos coñecementos previos. Análise de coñecementos previos preparatorias deste tema.

Analizaremos os nosos precoñecementos coa lectura dun pequeno texto que nos facilitará a introdución ao mundo da Regueifa. Ao mesmo tempo, poderemos "estrear" o foro coa nosa presentación en verso. 

 


Fontes de información

Neste paquete poderedes atopar diversa información sobre:

  • Prezi da Regueifesta
  • Ligazóns suficientes para comezar a túa investigación en Internet sobre a Regueifa
  • Modelo de ficha de recolla etnográfica e audiovisual
  • Achegamento á diversidade melódica da Regueifa
  • A danza asociada á Regueifa
  • Titorial sobre Audacity
  • Bases de Hip Hop
  • Partituras, gravacións e Midis
  • Actividades de autoavaliación.

Actividades

Estas son unha serie de actividades que non computan para a cualificación final, pero necesarias para saber realizar as Tarefas obrigatorias no senso de que si computan para a cualificación.

  •  Actividade - "A melodía e o ritmo da regueifa"
  •  Actividade - "A danza da regueifa"
  •  Actividade - "Un arquivo sonoro para Galiza"
  •  Actividade - "Achegamento ao editor de audio Audacity"
  • No foro    "Debate sobre o uso das melodías modernas para a Regueifa" podemos intercambiar ideas e, se xorde, debatir coas compañeiras e compañeiros do curso para madurar as nosas ideas sobre se é interesante empregar melodías máis achegadas ao mundo do alumnado para enganchalas/os a regueifar.
  • No foro   "Debate sobre os arquivos sonoros públicos ou privados" podemos buscar camiños de entendemento para o traballo colaborativo de expansión da Regueifa.

Icona de avaliación das tarefas

Avaliaremos e cualificaremos estes desempeños e tarefas:

Última alteração: quarta-feira, 15 de fevereiro de 2017 às 22:51