Este curso desenvólvese co seguinte esquema: unha presentación das persoas participantes, cinco temas e un proxecto final.

A presentación é fundamental e debes participar. Non facelo causa baixa no curso. 

Os cinco temas que seguen correspóndense cos bloques de contido do Curriculo da materia optativa "Regueifa e improvisación oral en verso" e son:

1. Comunicación musical.

2. Historia e actualidade da improvisación oral en verso.

3. Comunicación lingüística, poética e retórica. 

4. Comunicación escénica e performance.

5. Creatividade e xestión cultural.

Por último, o Proxecto Final reúne os fundamentos desta Aula Virtual.

Como se organiza isto?

O esquema de cada Tema é o mesmo e sempre vas poder consultalo ao comezo de cada Tema no apartado "Folla de Ruta". Aquí tes un exemplo de Folla de Ruta, explicando cada apartado que vas atopar en cada Tema.

Folla de ruta

Presentación do tema Primeiro explicamos brevemente os contidos doTema. A continuación, as competencias profesionais docentes e obxectivos a desenvolver en cada tema.


 
   Foro
En cada tema vas ter un Foro. No Foro terás que realizar algunhas das actividades dos Temas. Ademais ten un obxectivo fundamental: resolver dúbidas sobre calquera especto do Curso.
Unha pequena proba como introdución no bloque temático e contrastar cos teus coñecementos previos.


Fontes de información Info
Neste apartado podes atopar diversa información sobre o Tema. Estas infos son orientativas, de consulta. 


Actividades Actividades
Estas son unha serie de actividades que non computan para a cualificación final, pero necesarias para saber realizar as Tarefas obrigatorias no senso de que si computan para a cualificación.


Icona de avaliación das tarefas Tarefas
Son obrigatorias. Cada Tarefa que realices será cualificada e sumará na túa táboa de calificacións. 

 

Última alteração: quinta-feira, 16 de fevereiro de 2017 às 09:55