Debate e representación
Como podedes comprobar esta é unha maneira fantástica de explicar o cambio das estacións do ano. Pero o que nos interesa é falar do rapto que sufriu Perséfone xa que Hades a forzou a ir con el para o inferno:
1. Perséfone foi libre de decidir se ir ou non con el? Por que?
2. Pero, que me dicides do que fai despois, está contenta con Hades no inferno? Por que?
3. A decisión de ir coa súa nai na primavera e no verán e voltar no outono con Hades tómaa Perséfone libremente? Por que?
4. Que factores influíron na súa decisión?
5. Representación: Unha vez que discutimos sobre a liberdade de Perséfone temos que preparar esta pequena peza de teatro para representala. Así que imos repartir os papeis, ensaiar e preparar todo para a representación. Como non hai papeis para todo o mundo os que non actúen vanse encargar dalgunhas outras cousas: uns van buscar músicas para acompañar a obra, outros encargaranse do vestiario e outros de deseñar o decorado.