Unha viaxe á robótica educativa / SUSANA OUBIÑA

Traballouse de xeito colaborativo, en pequenos grupos que pasaron por diferentes estacións, como se dunha viaxe se tratase. O grupo decidía o seguinte destino, a seguinte parada, atendendo aos seus intereses de aprendizaxe e á dispoñibilidade do posto (que ese posto non estea ocupado por outro grupo). Cada estación é un posto de traballo e dispoñía dun ou dous robots, unha pequena guía rápida de axuda para manexalos e unha ou varias actividades ou retos que o grupo tiña que conseguir nun tempo determinado.

Usáronse os seguintes elementos de robótica educativa: Bee Bot, ProBot, Thymio, Edison, Leap Motion, Picoboard, Aisoy e S4A.


Niveis para os que ía dirixida a actividade: Educación Infantil e Educación Primaria.


Enlaces facilitados pola relatora para consulta de material:




Last modified: Monday, 21 December 2015, 8:57 PM