Material obradoiro Susana Oubiña
Unha viaxe á robótica educativa / SUSANA OUBIÑA
Traballouse de xeito colaborativo, en pequenos grupos que pasaron por diferentes estacións, como se dunha viaxe se tratase. O grupo decidía o seguinte destino, a seguinte parada, atendendo aos seus intereses de aprendizaxe e á dispoñibilidade do posto (que ese posto non estea ocupado por outro grupo). Cada estación é un posto de traballo e dispoñía dun ou dous robots, unha pequena guía rápida de axuda para manexalos e unha ou varias actividades ou retos que o grupo tiña que conseguir nun tempo determinado.
Usáronse os seguintes elementos de robótica educativa: Bee Bot, ProBot, Thymio, Edison, Leap Motion, Picoboard, Aisoy e S4A.
Niveis para os que ía dirixida a actividade: Educación Infantil e Educación Primaria.
Enlaces facilitados pola relatora para consulta de material:
- Enlace á aula virtual do CFR de Pontevedra, curso "Aprender facendo con Scratch 2.0...." O curso está aberto e dispoñible para descargar o que se precise
- Enlace ao blogue de Susana Oubiña "A Tecnoloxía na secundaria"
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:57 PM