EVA GAREA TRABA e MARGARITA OLIVAR ROLDÁN:
Os petróglifos de Ames, un proxecto integrado con TIC

RESUMO: O proxecto Os Petróglifos de Ames inscríbese dentro das actividades do GRUPO DE ESTUDIO DE ANTROPOLOXÍA que ten as súas orixes na implantación da materia de antropoloxía en primeiro de Bacharelato. Comezou as súas actividades no curso 2009-2010 propoñendo unha experiencia de investigación na contorna próxima por cada curso académico. O traballo Os Petróglifos de Ames correspóndese co traballo de investigación levado a cabo o ano 2012-2013.
O traballo presentouse como un proxecto integrado que abarcou diferentes niveis educativos e diferente materias. Os profesores implicados no mesmo foron:
  • Eva Garea Traba. Profesora de Filosofía e Antropoloxía
  • Margarita Olivar Roldán profesora de Cultura Clásica e Historia e Cultura das relixións
  • Xoan-Xil López, profesor de Música.
A súa intención foi facer do ensino e a aprendizaxe nesta materia unha actividade práctica, vinculada ao noso entorno social próximo e que permitira a introdución nas metodoloxías de investigación das ciencias humanas. Desde o traballo de investigación antropolóxico permítese introducir tamén unha formación complementaria que transcenda as fronteiras burocráticas do currículo e permita un traballo transversal desde diferentes áreas e niveis.

As novas tecnoloxías on un apoio fundamental para facer chegar os resultados da investigación ao entorno próximo. No traballo Os Petróglifos de Ames tentouse usalas de xeito que foran unha ferramenta básica, tanto na organización e xestión do grupo de traballo, coma na presentación de resultados e a posta a disposición da comunidade educativa dos mesmos.

O traballo pretende xuntar o mundo físico que abordamos a través dun traballo de campo, co mundo virtual, que como memoria colectiva garda e transmite os resultados do aprendido, e converter a actividade investigadora nun traballo permanente que permita a mellora da educación e funcione como elemento vertebrador das relaciones entre alumnos e ex-alumnos aumentando, desta forma a implicación do centro de ensino no noso entorno próximo.


d
Ver presentación (pdf)
Blog "Os Petróglifos de Ames"
Ver máis material desta experiencia

Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:56 PM