TAREFA OBRIGATORIA DO MÓDULO DE PRESENTACIÓN (prazo: unha semana): presentarse no FORO DE BENVIDA (e aproveitar para saudar ao teu titor/a).


Se tes dificultades, preme no TITORIAL DE INICIO AOS FOROS.


TAREFA OBRIGATORIA TRANSVERSAL (prazo: ata que remate o curso): Recomendar e comentar, para todo o profesorado que estea a realizar esta actividade de formación, algún libro, páxina web, serie, vídeo, proposta de traballo... algo que ti experimentaras ou coñezas e que che resultase de interese para compartir con todos nós (e que teña relación cos contidos do curso). Como estamos nun formato dixital online é obrigatorio que dita recomendación veña acompañada cando menos dunha hiperligazón (por exemplo, á páxina da editorial, se fose un libro). Deste xeito, podemos participar todos na bibliografía do curso, e non só os titores. A recomendación farase no apartado OBRAS RECOMENDADAS (podes visualizala na parte dereita da pantalla inicial do curso).

En concepto, escribes o título da obra que ti recomendas.
Se a túa recomendación é dunha páxina web ou dun blog, en concepto escribirás o título que consideres relacionado coa temática que aborda.
Se fas máis dunha recomendación, convén que abras unha entrada por obra ou recurso recomendado.

Preme AQUÍ se non tes moi claro como facelo.







Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:56 PM