9.1. A PUBLICIDADE NO CURRÍCULO DE SECUNDARIA

As referencias no currículo de ESO e Bacharelato á publicidade son numerosas. Nesta actividade recóllense as ocasións en que aparece no currículo da ESO e, na seguinte, no de Bacharelato.

Materia Educación ético-cívica.

4º curso

Contidos:

Bloque 7. Cidadanía global e democracia.

  • Identificación dos recursos básicos do poder dos medios de comunicación (a selección das novas, a linguaxe da publicidade...) e a súa incidencia na construción da realidade e nas nosas decisións e opinións.

Materia Educación plástica e visual.

1º, 2º e 3º curso

Contidos:

Bloque 3. Contorno audiovisual e multimedia.

  • Identificación da linguaxe visual en prensa, publicidade e televisión.

  • Actitude crítica ante as necesidades de consumo creadas pola publicidade e rexeitamento dos elementos desta que supoñan discriminación social, de xénero ou racial.

4º curso

Contidos:

Bloque 3. Artes gráficas e deseño.

  • Sintaxe das linguaxes visuais do deseño e da publicidade.

  • Lectura e valoración das imaxes do contorno do deseño e da publicidade.

Criterios de avaliación:

  • Utilizar a sintaxe propia das formas visuais do deseño e da publicidade para realizar proxectos concretos.

Música

Introdución

  • A música faise presente en todas os opcións de lecer da mocidade: os concertos en vivo, os CD, reprodutores de música en formato dixital, a televisión, os videoxogos, o cine, a publicidade, a internet, etcétera.

Contribución da materia á adquisición das competencias básicas. Competencia social e cidadá.

  • A reflexión sobre a presenza incesante da música nas nosas vidas, sobre o uso que dela se fai na publicidade e noutros medios como elemento de manipulación emotiva, e sobre o seu papel na economía e na creación de novas profesións, desenvolve a valoración crítica e a comprensión da realidade.

4º curso.

Contidos:

Bloque 3. Música e tecnoloxías.

  • Análise das funcións da música en distintas producións audiovisuais: publicidade, televisión, cine, videoxogos, etcétera.

Criterios de avaliación:

  • Expor de forma crítica a opinión persoal respecto a distintas músicas e eventos musicais, argumentándoa en relación á información obtida en distintas fontes: libros, publicidade, programas de concertos, críticas, etcétera.

Lingua galega e literatura.

4º curso.

Contidos

Bloque 1. Comunicación oral. Escoitar e falar.

Comprensión de textos orais.

  • Comprensión e análise de textos publicitarios dos medios de comunicación audiovisual, atendendo ás compoñentes verbais e non verbais da comunicación publicitaria.

  • Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes dos medios de comunicación, con especial atención ás procedentes da publicidade e ás mensaxes implícitas e explícitas dos textos argumentativos. Detección dos usos lingüísticos discriminatorios e máis dos prexuízos que os sustentan e procura de alternativas que se incorporen con autonomía ás propias producións.

Bloque 2. Comunicación escrita. Ler e escribir.

Comprensión de textos escritos.

Criterios de avaliación

  • Comprender textos escritos do ámbito público, dos medios de comunicación e da vida académica, identificando as ideas principais e secundarias, o propósito comunicativo implícito ou explícito, contrastando explicacións e argumentos.

Este criterio debe darnos a posibilidade de comprobar se o alumnado é quen de comprender textos expositivos, publicitarios e argumentativos, recollendo as ideas fundamentais en resumos e esquemas; diferenciando información, opinión e persuasión; e valorando a eficacia do texto en relación á intención comunicativa, así como o papel dos procedementos lingüísticos empregados para acadala.

Segunda lingua estranxeira.   

Primeiro curso.

Contidos.

Bloque 2. Ler e escribir.

  • Lectura e comprensión de diferentes mensaxes, (tiras de banda deseñada, karaoke, menús, instrucións dun xogo, mensaxes de correo electrónico, xogos de pistas, anuncios publicitarios) e adaptadas á súa competencia lingüística, en soporte papel e dixital, para utilizar información global e específica no desenvolvemento dunha tarefa ou polo pracer da lectura.

Matemáticas.

Obxectivos.

  • Identificar os elementos matemáticos (datos estatísticos, xeométricos, gráficos, cálculos, etc.) presentes nos medios de comunicación, internet, publicidade ou outras fontes de información; analizar criticamente as funcións que desempeñan estes elementos matemáticos e valorar se a súa achega mellora a comprensión das mensaxes.

Obradoiro de iniciativas emprendedoras.

Contribución da materia á adquisición das competencias básicas. Competencia cultural e artística

  • As empresas deben coñecer e respectar esas diferenzas e ofrecer diferentes posibilidades e alternativas que satisfagan os potenciais clientes. Por outro lado, as necesidades de deseñar (logos, imaxes de marca, envases, campañas de publicidade) contribuirán a desenvolver as capacidades artísticas, de iniciativa, imaxinativas, o fomento da creatividade en suma, do noso alumnado.

Proxecto lector de centro.

Fundamentos.

  • A formación da lectura comprensiva esixe, pola súa vez, un traballo progresivo e continuado. Traballarase con todo tipo de textos: literarios, expositivos, xornalísticos, publicitarios, gráficos; en soporte impreso ou electrónico.

 

Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:56 PM