Que podo facer coa app Moodle Mobile.
Requisitos do completado
Cando
o usuario entra por primeira vez na app, vai directamente á pantalla
principal da aplicación onde se poden distinguir dúas áreas claramente
diferenciadas:
- Área persoal
Na área persoal móstranse os cursos nos que está matriculado o usuario (os cursos aos que ten acceso), podendo seleccionar os cursos que queres visualizar por intervalos de datas. - Inicio do sitio
Na área "Inicio do sitio", o usuario pode visualizar a lista de categorías na que están organizados os cursos, así como tamén realizar unha busca de cursos en función dos criterios de busca que se introduzan no buscador.
O resto dos menús que contén a aplicación dan acceso a outro tipo de funcionalidades.
Eventos de calendario | Mensaxes | Notificacións | Opcións e configuracións |
Os menús adáptanse á área dispoñible de pantalla, polo que no caso de usar Moodle Mobile desde unha tableta a área de traballo é moito maior e resulta moito máis cómodo para o usuario.
Última modificación: domingo, 9 de maio de 2021, 10:46 PM